Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 23.12.2014  | Actualizado 00.00 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Santiago | local@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS
  • Imprimir
  • Enviar por correo

{TRIBUNA LIBRE}

Santiago, capital europea da cultura

DAVID BALSA (*)   | 10.08.2011 
A- A+

En BRUSELAS TEÑO COÑECIDO da recente, e polémica, designación de San Sebastián coma Capital Europea da Cultura 2016, xunto a cidade polaca de Wocralw, polas novas nos diarios belgas e na web de EL CORREO GALLEGO.

O debate xerado en torno a ista elección, poñen máis en valor aínda a unanimidade con que Santiago de Compostela foi elexida Capital Cultural Europea no 2000 co pleno respaldo das institucions europeas. Enton Compostela diseñou un engaiolante proxecto co lema Europa e o mundo que a fixo alzarse coa designación xunto con outras oito cidades europeas (Aviñón, Helsinki, Bolonia, etc).

Na Capitalidade Europea da Cultura a cidade foi quen grazas a excelente colaboración institucional entre o Concello, a Xunta e mailo Goberno de España de organizar preto de 1.200 actividades. Toda a cidadanía e as institucións volcáronse na capitalidade cultural que tivo un apoio moi destacado tamen pola sociedade civil dende a Universidade de Santiago ata a Fundacion Araguaney.

No 2000 Compostela aproveitou a capitalidade cultural para proxectarse en Europa, acometer unha fonda transformación urbanística e ampliar as súas infraestructuras culturais. Agora que Santiago conta coa Cidade da Cultura e co éxito do recente Ano Xacobeo é o momento para unha ampla campaña de proxección exterior en toda Europa.

Igual que no 2000, co respaldo do Concello, a Xunta de Galicia e o Goberno de España impulsemos unha imaxe anovada de Compostela coma referente da cultura europea e o turismo cultural. A Cidade da Cultura é un espazo privilexiado para acoller os nosos mais prestixiosos persoeiros na escea teatral coma Teresa González Costas ou Xoán Carlos Mejuto, a ópera de sopranos recoñecidas internacionalmente coma a nosa Eduvigis Sánchez ou Anna Netbretko, o fado na voz enfeitizante da aclamada cantante portuguesa Isabel María ou a ourensana María do Ceo, as nosas actrizes mais prometedoras coma Comba Campoy, Isabel Naveira, Tamara Canosa ou Ledicia Sola, as pasarelas da moda galega coas refulxentes modelos coma a coruñesa Lorena Mato ou a viguesa Laura Ponte, a danza das mans de Blanca Novoneyra, a literatura, a pintura e a escultura entre outras manifestacions da nosa cultura.

Non debería desbotarse a posibilidade que cando a Unión Europea estableza os novos turnos de países a albergar a partir do 2019 a capitalidade cultural europea, Santiago de Compostela poida optar novamente a iste recoñecemento. Neste senso o precedente de Luxemburgo que foi designada capital europea da cultura no 1995 e de novo no 2007 e un motivo de esperanza para Compostela.

En calqueira caso, Santiago xa é, sen dúbidas, un referente de primeiro nivel nas cidades europeas máis comprometidas coa cultura.

(*) O autor é presidente da Conferencia Centroamericana

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS