El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Sorteo de 25 prazas 'vip' para contemplar os Fogos

Fogos da edición pasada
Fogos da edición pasada

ECG   | 12.07.2018 
A- A+

Concello de Santiago volve sortear este ano 25 convites dobres para presenciar o espectáculo luminoso e pirotécnico da noite do 24 de xullo dende a zona habilitada para os convidadas. Estes convites dobres súmanse aos 25 xa entregados como premio a participantes na iniciativa ambiental Tropa Verde. Aquelas persoas interesadas en presenciar os Fogos do Apóstolo a carón do Hostal dos Reis Católicos deben cubrir os datos do formulario habilitado na páxina web do Concello e remitilo antes das 12.00 horas deste venres, 13 de xullo. Deberán indicar nome, DNI, teléfono de contacto, dirección de correo electrónico e localidade de residencia. Entre as solicitudes recibidas, realizarase un sorteo do que resultarán os 25 agraciados o convite.