Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 23.07.2014  | Actualizado 17.52 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Santiago | local@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Universidades americanas reuniranse o próximo ano en Santiago para estudar o Camiño

A realización en 2012 deste seminario acordouse no ‘Workshop on Pilgrimate Studies’ celebrado en Washington.

04.10.2011 
A- A+

Washington acolleu esta fin de semana a reunión científica ‘Workshop on Pilgrimate Studies’, un encontro que contou coa presenza de representantes de corenta universidades de Estados Unidos e Canadá e no que se abordou o fenómeno das peregrinacións e o Camiño de Santiago. Unha das principais conclusións desta cita foi o acordo para que a cidade de Santiago de Compostela acolla entre os meses de maio e xuño de 2012 un seminario de investigación sobre as rutas xacobeas no que participarán alumnos dun consorcio de universidades de Estados Unidos e Canadá. Neste encontro tamén participou a directora xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Camino Triguero Salas, que mantivo contactos cos responsables da Biblioteca do Congreso de Estados Unidos para establecer vías de colaboración con diferentes entidades.

No ‘Workshop on Pilgrimate Studies’ participaron máis de 40 centros universitarios de Estados Unidos e Canadá, algúns deles considerados entre os cen mellores do mundo, como a Universidade de California-Los Ángeles, Purdue University, Universidade de Michigan, Universidade de Florida, Washington University of Saint Louis, Universidade de Minnesota ou a Fordham University. Estes centros forman parte dun consorcio de universidades que están a desenvolver un plan de estudos sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións en xeral, dotando de rango curricular ás investigacións e experiencias sobre a Ruta Xacobea en diferentes campos, tales como relixión, estudos hispánicos, a antropoloxía, historia da arte, historia medieval ou socioloxía.

No marco deste encontro, presentouse e proxectouse aos asistentes e á prensa de Washington a película The Way, rodada no Camiño de Santiago coa colaboración da Xunta de Galicia e que durante estes días estase a estrear nos Estados Unidos. Á presentación acudiron o director Emilio Estévez e o protagonista, seu pai, Martin Sheen, ambos os dous de orixe galega. Neste acto estiveron presentes numerosos membros da asociación de amigos do Camiño de Santiago, a American Pilgrim on the Camino, así como numerosos medios de comunicación de Washington.

Seminario sobre o fenómeno xacobeo. Segundo as decisións tomadas no ‘Workshop on Pilgrimate Studies’ celebrado esta fin de semana, o seminario de investigación que acollerá en 2012 Santiago de Compostela desenvolverase durante oito semanas. As dúas primeiras serán de introdución e levaranse a cabo nas diferentes universidades, mentres que as seis restantes serán xa en Santiago e no Camiño. Os alumnos farán, polo menos, unha semana de Camiño, aínda que o obxectivo é que percorran as rutas xacobeas durante un total de tres. Os estudantes que opten por facer só unha semana de camiñada, empregarán as dúas restantes en facer traballos de investigación en diversos centros de Galicia, como arquivos ou museos.

Os cursos que formarán parte deste seminario terán un carácter multidisciplinar e estarán dirixidos á formación de investigadores nas diferentes temáticas relacionadas co Camiño de Santiago e a peregrinación. Os temas estarán concibidos a través dunha óptica que abrangue desde a historia á economía, socioloxía, influencia na saúde do feito de peregrinar ou o dereito internacional.

O prazo de inscrición neste seminario abrirase inmediatamente e está previsto que o impulsor deste seminario, George Greenia, visite a cidade de Santiago durante o próximo mes de decembro. O obxectivo da súa visita é preparar, en colaboración con técnicos da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, a infraestrutura do curso e manter contacto con diferentes institucións. A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo comprometeuse a colaborar na organización e no desenvolvemento dos cursos.

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS