El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Entrevista en Radio Obradoiro con Xosé Manuel Penas

"Os veciños teñen dereito a que o Sar sexa un río e non un sumidoiro"

Este venres preséntase en Santiago unha plataforma en defensa deste cauce, que pretende denunciar os excesos que se cometen sobre el // O colectivo considera fundamental unha nova depuradora ou a ampliación da actual

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

X.M. Pena Patiño, Plataforma pola recuperación do Sar


SANTIAGO. RO   | 23.02.2012 
A- A+

Iria Martínez
Xosé Manuel Penas
FOTO: Iria Martínez

Este venres, a Casa das Asociacións, en Cornes, acollerá ás 20.45 a presentación da Plataforma pola recuperación do Sar. O seu obxectivo, como indica o seu nome, e devolver este cauce ó estado no que debería estar. En Radio Obradoiro, Xosé Manuel Penas, membro da xunta xestora deste colectivo, sinalaba que "os veciños teñen dereito a que o Sar sexa un río e non un sumidoiro".

A día de hoxe, tal e como suliñaba Penas, "a situación do río é desastrosa". Nestes momentos, a plataforma estase a poñer en contacto con tódolos concellos polos que pasa o Sar, para explicarlles en que estado está e cales son os obxectivos que persegue a asociación. Neste sentido, Penas destacaba que "cada vez que vexamos unha actuación con mortandade de troitas, escuma, etc, faremos tocar a campaniña". Engadiu que contactarán cos alcaldes "polas boas, e senón estamos dispostos a falar coas autoridades europeas para que tomen medidas".

Dacordo coa directiva europea vixente, o río Sar ten a categoría A3, o peor calificativo que se lle pode atribuir ás augas. Segundo Penas, unha nova depuradora en Santiago, ou a ampliación da actual, "reducirían nunha porcentaxe grandísima a carga de contaminación actual que ten o río". Neste sentido, urxiu a que esta actuación se poña en marcha canto antes, para evitar perder as subvencións europeas.