Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 20.10.2014  | Actualizado 20.13 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Santiago | local@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

O vídeo promocional da Santiago Film Commission, premiado en Portugal

04.10.2011 
A- A+

A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, recolleu en Barcelos (Portugal) o premio ao mellor vídeo promocional na categoría de "Experiencias memorables", que o xurado do Festival Internacional de Cine e Turismo Art&Tur acordou outorgar á Santiago de Compostela Film Comission (SCFC) por Un camiño de estrelas, unha cidade de cine. O Art&Tur celebrouse entre o 27 e o 30 de setembro nesta localidade lusa, onde se reuniron os principais profesionais do sector.

O vídeo promocional da SCFC, producido por Ficción e dirixido por Daniel de la Torre, ten coma obxectivo demostrar que Santiago de Compostela é unha localización idónea para todo tipo de producións audiovisuais. Nos seus 3 minutos e 40 segundos de duración cóntanse tres historias moi diferentes entre si, pero que teñen a Santiago como denominador común.

As tres historias mesturan acción, romance e suspense; escenarios históricos, modernos e naturais; día e noite; sol e choiva… nun xogo de contrastes que pretenden amosar as posibilidades que a cidade ofrece como localización audiovisual. No vídeo amósanse 14 localizacións distintas da cidade, entre eles o Pazo de Raxoi, as cubertas da Catedral, a biblioteca da Facultade de Historia, a Alameda…

Un camiño de estrelas, unha cidade de cine, producido no 2007, ten xa un periplo tras de si. Foi entregado a produtores e directores en eventos específicos para a localización de espazo para produción audiovisuais como o Locations Trade Show de Santa Mónica, celebrado en California, e en festivais de cine como Cannes, Berlín e San Sebastián.

A Santiago de Compostela Film Commission é un servizo de Turismo de Santiago que ten coma obxectivo promocionar a cidade a través de producións audiovisuais, a través de dúas canles: a captación de producións na cidade e a xestión das múltiples solicitudes que se reciben anualmente, que por exemplo no 2010 foron 42 –30 de España, 6 do Reino Unido, 2 de Francia, e 1 de EEUU, Bélxica, Alemaña e Xapón.

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS