Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Domingo 19.05.2013  | Actualizado 19.35 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Santiagoteespera.com
Noticia 1 de 1 Santiago | local@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

A Xuntanza ofrécelle á veciñanza do barrio de San Pedro 19 actividades, entre elas clases de lingua de signos e Tai Chi

O programa empezará a primeira semana de outubro // O obxectivo é crear espazos de convivencia e intercambio e dinamizar o barrio

SANTIAGO. 19 | 09 | 2012  | 19.09.2012 
A- A+

A Xuntanza, a Asociación de veciños e veciñas do barrio de San Pedro, ofrece, un ano máis, un bo lote de actividades que configuran un amplo espazo para aprender, compartir e disfrutar da boa compaña e da diversión asegurada. Son 19 actividades para todo tipo de públicos, e como principais novidades este ano hai que suliñar que haberá a oportunidade de aprender lingua de signos e Tai Chi e mais un novo grupo de Corte e Confección (polas mañás).

Os responsables da asociación A Xuntanza explican que "outros cambios importantes son debidos á necesidade de facernos cargo do alugueiro do local, unha vez que o concello decidiu rescindir o contrato. Haberá un prazo de matrícula, que será ao longo da semana do 24 ao 29 de setembro para todas as actividades. Estaremos no local de 19-21h, todos eses días para anotarvos e responder a calquera dúbida que podades ter sobre os cursos".

"Haberá unha cota de inscrición para as persoas que non sexan socias de 10€. As socias e socios deberán estar ao día do pago da súa cota (lembrade 6, 10 ou 20 €). Todas e todos colaboraremos no mantemento do local con 2€/mes".

Este é o programa, que comezará a primeira semana de outubro

1.-BAILE GALEGO: Martes de 20:00 a 21:00 horas/ 21:00 a 22:00 horas. Monitor@: Felisa Segade22:00 a 23:00 horas – 200€ por grupo, a repartir

2.- CANTO: Mércores 10:30 a 11:30 horas e 13:00 a 14:00 horas; Venres de 17:00 a 19:00 horas. Monitor@: Paulina Ceremuzynska Clases individuais.

3.- CERÁMICA: Mércores de 19:00 a 20:30 horas – 25 €/mes. Monitor@: Juana

4.- NOVA XOIERIA : Mércores de 20:30 a 22:00 horas – 25 €/mes. Monitor@: Juana

5.- CORTE E CONFECCIÓN / Arranxos de roupa: Luns de 16:00 a 18:00 hora. Mércores de 10:30 a 12:30 horas. Xoves de 18:00 a 20:00 horas -23 €/mes. Monitor@: Susa Garcia

6.- ENCAIXE DE CAMARIÑAS: Xoves de 20:15 a 22:15 horas -200 €/mes todo o grupo, a repartir. Monitor@: Beatriz Soneira

7.- GAITA: Xoves de 20:00 a 22:30 horas – 20 €/mes. Monitor@: Marcos Varela

8.- IOGA: Martes de 17:00 a 18:30 horas – 17 €/mes. Monitor@: Maite

9.- PILATES: Luns e mércores de 9:00 a 10:00 horas. Luns e mércores de 18:00 a 19:00 horas – 22 €/mes. Monitor@: Maite

10.- TAICHI: Luns de 10:00 a 11:00 horas – 11 €/mes. Monitor@: Maite

11.-LINGUA DE SIGNOS: Xoves de 19:00 a 20:00 horas – 20€/mes. Monitor@: Galensigna

12.- PANDEIRETA: Martes de 21:30 a 22:30 horas (Perfeccionamento). Venres de 19:00 a 20h (Iniciación I) 20:00 a 21:00 horas (Iniciación II) - 20 €/mes. Monitor@: Jara

13.- PINTURA E MANUALIDADES: Martes de 17:00 a 19:00 horas – 26 €/mes (Pintura) e 23 €/mes (Manualidades. Monitor@: Puri Galiñares

14.- TEATRO: Luns de 21:00 a 23:00 horas – 18 €/mes. Monitor@: Beatriz Bravo

15.- TEATRO VIDA: Luns 19:00 a 21:00 horas – 40€/mes. Monitor@: Nekane

16.- FLAMENCO: Martes de 18:30 a 20:00 horas e Venres de 12:00 a 13:30 horas – 15 €/mes. Monitor@: Jose

17.- ACORDEÓN: Venres de 16:00 a 18:00 horas – 30 €/mes (grupo 5 persoas). Monitor@: Marcos

18.- COIRO: Luns de 18:30 a 20:00 horas – 25 €/mes (iniciación). Monitor@: Fer

19.- Tamboril – Percusion tradicional: Martes de 19 a 21,00 horas – 20 €/mes. Monitor@: Arantxa.


Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS