El Correo Gallego

Vodafone TV estrea descodificador 4K

Vodafone convértese no primeiro operador de ámbito estatal en ofrecer ultra alta definición no seu servizo de televisión, tanto para a oferta lineal como para os contidos á carta.

Sae á venda o xogo Nioh para PS4

Este título exclusivo para PS4 lembra a grandes xogos como Ninja Gaiden e Dark Souls, ofrecendo intensos combates ambientados nun Xapón feudal ateigado de monstros sobrenaturais.

Sae á venda Super Mario Run

Por fin pode descargarse da App Store o primeiro xogo de Nintendo para smartphones // Para desbloquear todos os contidos do xogo é preciso pagar 9,99 euros.

Unha tableta aspira a substituír ao papel

reMarkable conta cunha pantalla de tinta electrónica de 10,3 polgadas na que pode escribirse cun lapis dixitalizador de xeito que podería coller o relevo dos cadernos tradicionais.

Dashbot, un KITT para o noso vehículo

Un mans libres para o automóbil integra Alexa, o servizo de voz de Amazon que funciona mediante intelixencia artificial, dando a impresión de que o noso vehículo é o Coche Fantástico.

Instagram xa permite vídeo en directo

A actualización de Instagram tamén incorpora a posibilidade de enviar imaxes e vídeos en privado que borraranse tras a súa visualización para competir de xeito máis directo con Snapchat

O MacBook Pro muda as teclas de función por unha pantalla táctil

A Touch Bar é unha pantalla táctil alargada situada na parte superior do teclado buscando un novo xeito de interacción coas aplicacións de sistema e de terceiros // Estes novos equipos tamén contan con Touch ID, sistema de identificación mediante pegadas dixitais que goza de grande aceptación no móbil

Facebook decláralle a guerra a Wallapop

O novo Marketplace de Facebook permitirá pechar operacións de compra-venda en proximidade // Ao igual que en Wallapop, o novo mercado de compra-venda estará orientado a smartphones

Podo, unha cámara Bluetooth adhesiva

Esta cámara sen fíos pode pegarse en superficies planas para disparar fotografías dende o móbil dun xeito único. // A cámara Podo é unha interesante alternativa aos paus de selfie.