El Correo Gallego

Tecnoloxía

HTC presenta un novo casco de VR autónomo

Vive Focus achega un grande nivel de liberdade para a inmersión en mundos de realidade virtual sen cables

MARCUS FERNÁNDEZ  | 15.11.2017 
A- A+

A un mes da presentación de Oculus Go, o caso de realidade virtual autónomo de Oculus que chegará ao mercado a primeiros do ano que vén a un prezo de 199 dólares, faise oficial a alternativa de HTC, Vive Focus, produto destinado inicialmente ao mercado chinés do que aínda non se coñece nin data de lanzamento nin prezo, pero que integrando un procesador Qualcomm Snapdragon 835 promete unha experiencia de realidade sen fíos, con 6 graos de liberdade e tecnoloxía se seguimento que o convertería na solución deste tipo máis avanzada do mercado (Oculus Go só ofrece 3 graos de liberdade), aínda que para poder asegurar tal con rotundidade habería que coñecer detalles como a resolución da pantalla AMOLED integrada.
Este casco de realidade virtual autónomo sería compatible con VIVEPORT, un catálogo de contidos de realidade virtual xestionado por HTC para as súas Vive, e o seu anuncio podería verse como a confirmación da cancelación do casco de realidade autónomo de HTC e Google baseado en Google Daydream (plataforma de VR que parece ser a menos atendida dos últimos meses, dando a impresión de que Google está a perder posicións fronte a Facebook, Microsoft e HTC neste sector emerxente). Iso si, está previsto que Lenovo si comercialice un casco autónomo para Daydream.