El Correo Gallego

Tecnoloxía

O LG V30 estrea cor de cara a San Valentín

O smartphone Premium de LG presenta en Las Vegas nova carcasa en cor rosa framboesa para converterse nun agasallo atractivo para o Día dos Namorados.

MARCUS FERNÁNDEZ  | 03.01.2018 
A- A+

A finais de agosto LG presentou o seu smartphone de alta gama LG V30 no marco da feira IFA de Berlín e agora que se celebra o CES en Las Vegas aproveitan a ocasión para lanzar un novo modelo deste completo teléfono, que limítase a mudar de cor a súa carcasa para chamar poderosamente a atención. A nova cor do LG V30 descríbena como rosa framboesa, unha versión saturada intensa do vermello que chegará ao mercado cun obxectivo moi claro: converterse nun agasallo ideal para o Día de San Valentín.
Até o momento o LG V30 estaba dispoñible en negro aurora, prata nube, azul marroquí e violeta lavanda, cores bastante elegantes, aínda que este teléfono con grandes acabados de calidade en vez de gañar aos consumidores polos ollos pretende principalmente captar a amantes da multimedia, xa que este terminal coida especialmente as súas cámaras (a súa cámara traseira principal de 16 Mpíxeles ten unha apertura f/1.6 e un obxectivo Crystal Clear) e o seu son, integrando un Quad DAC de alta fidelidade co selo de B&O PLAY, de xeito que ofrece unha calidade para a reprodución musical sen igual no mundo da telefonía móbil.