El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

O Messenger tamén difundirá contidos efémeros

Unha nova funcionalidade do Messenger de Facebook permitirá compartir imaxes e vídeos que só poderán verse no móbil durante 24 horas.

MARCUS FERNÁNDEZ  | 09.03.2017 
A- A+

Pese á fría acollida que están a ter a Historias de Facebook e os novos Estados de WhatsApp, a compañía de Mark Zuckerberg continúa na súa teima polos contidos efémeros e presenta hoxe o Messenger Day (Día de Messenger), un funcionalidade do Messenger de Facebook a través da que convidan ao usuario a transmitir como lle foi o seu día mediante imaxes ou vídeos capturados coa cámara do Messenger, que ofrece a posibilidade de incorporar efectos, adhesivos e mensaxes ás capturas para convertelas en contidos atractivos para compartilos cos amigos, desaparecendo ás 24 horas.
Esta nova prestación comeza a implantarse globalmente hoxe na versión para iOS e Android do Messenger, aínda que pode tardar varios días en chegar a todo o mundo e o seu funcionamento é moi semellante ao das mensaxes efémeras no resto de plataformas móbiles de Facebook.
Aínda que esta nova funcionalidade está pensada para compartir os contidos con todos os amigos engadidos ao Messenger, tamén será posible axustar a privacidade, para compartir o que queiramos só cunha listaxe reducida de contactos ou con todos os contactos agás os que indiquemos.