El Correo Gallego

Tecnoloxía

Novos altofalantes sen fíos de Bang &Olufsen

Os altofalantes Beoplay P6 combinan deseño coidado, acabado coidado e versatilidade, podendo incluso empregarse para realizar chamadas e empregar asistentes de voz

MARCUS FERNÁNDEZ  | 18.04.2018 
A- A+

Bang & Olufsen baixo a súa marca B&O Play vén de lanzar uns novos altofalantes portátiles sen fíos que buscan casar deseño e calidade sonora, os Beoplay P6, que presumen de versatilidade, xa que valen para empregar en interiores e exteriores, para un usuario so ou para multitudes, e incluso contan cun botón personalizable que incluso pode empregarse para invocar a Siri ou ao Asistente de Google do noso smartphone vinculado por Bluetooth.

Os altofalantes Beoplay P6 ofrecen son de 360 graos (True360), integran micrófono para realizar chamadas ou empregar asistentes de voz, comunícanse por Bluetooth 4.2 permitindo funcionar en parella para conseguir son estéreo, teñen resistencia ao po e á auga (IP54), a súa batería de 2.600 mAh permite até 16 horas de reprodución tras 3 horas de carga, miden 170 x 130 x 68 milímetros, pesan 1 quilogramo e incluso coidan os seu materiais, de xeito que a súa correa de transporte é de coiro, casando así coa estética que busca a marca.
Estes altofalantes portátiles sairán á venda o vindeiro día 23 en cor negra ou natural (perla) a un prezo de 399 euros.