El Correo Gallego

Tecnoloxía

StarCraft II pasa a ser de balde

O clásico de Blizzard pasa a ser free-to-play, o que permite gozar de balde á súa primeira campaña.

MARCUS FERNÁNDEZ  | 15.11.2017 
A- A+

O xa clásico StarCraft II de Blizzard Entertainment xa é free-to-play, ou sexa, que calquera xogador pode acceder de balde á súa campaña Wings of Liberty e á competición multixogador, mentres que os que xa a tiñan poderán recibir de balde a seguinte campaña, Heart of the Swarm (centrada nos zerg) para o que deberán iniciar sesión antes do 8 de decembro.
A versión free-to-play de StarCraft II permite acceder á xerarquía clasificatoria do modo multi-xogador incluíndo todas as unidades multi-xogador das distintas entregas, sendo preciso gañar as 10 primeiras vitorias do día en partidas non clasificatorias ou no modo Versus IA para poder desbloquear este acceso de xeito permanente, buscando así manter a calidade e a integridade da experiencia multi-xogador.

É posible xogar cos comandantes cooperativos actuais e futuros de balde até o nivel 5, sendo tamén de balde permanentemente os comandantes cooperativos Raynor, Kerrigan e Artanis.
Para quen remate Wings of Liberty e queira continuar o resto da saga, pode facerse coas campañas Heart of the SwarmLegacy of the Void e Nova: Operación Sigilo por 14,99 euros cada unha, ou por 39,99 euros as tres xuntas. A tenda en liña do xogo tamén ofrece varios comandantes a 4,99 euros cada un e diversos comentaristas por 4,99/7,49 euros cada un. Quen xa mercase algún destes contidos antes do 31 de outubro recibirá un deseño de pantasma exclusivo e 3 retratos novos a xeito de agradecemento.