El Correo Gallego

Tecnoloxía

A Switch recibe o seu primeiro xogo de karaoke

Let's Sing 10 é o primeiro xogo de karaoke dispoiñible para Nintendo Switch. Ofrece 35 éxitos musicais entre os que non faltan temas bastante recentes.

MARCUS FERNÁNDEZ  | 24.11.2017 
A- A+

O pasado 20 de outubro chegou ás tendas o xogo musical Let’s Sing 10 en versións para PlayStation 4 e Wii, e hoxe temos finalmente a versión deste xogo de karaoke para Nintendo Switch, o que é unha grande nova, xa que é unha boa mostra da variedade de xogos dispoñible para a última consola de Nintendo.
Este divertido xogo ofrece 35 grandes éxitos musicais aos que podemos pór voz, buscando principalmente a diversión con amigos ou en familia, contando incluso con novos modos de xogos como Mix Tape (onde competiremos con 7 extractos de cancións) e Featuring (un modo cooperativo na que búscase que dous xogadores canten ben xuntos).
Este primeiro xogo de karaoke para Nintendo Switch precisa de micrófono USB para funcionar, de aí que sexa posible adquirilo solto ou cun par de micrófonos. Cómpre salientar que a versión dixital está de oferta até a Noiteboa a un prezo de 35,99 euros.