El Correo Gallego

Tecnoloxía

Tuenti estrea fibra óptica

O operador de baixo custo de Telefónica ofrece fibra e móbil por a partires de 36 euros/mes o que supón un importante axuste de tarifas para gozar de banda larga no fogar

MARCUS FERNÁNDEZ  | 21.11.2017 
A- A+

Cando Lowi lanzou no verán a súa fibra óptica de 50 Mbps por 30 euros/mes, que por 6 euros máis inclúe tamén móbil, supuxo toda unha revolución ás ofertas de banda larga fixa en España, levando a Telefónica a mover ficha, de xeito que a partires de hoxe o seu operador de baixo custo, Tuenti, estrea oferta de fibra por a partires de 36 euros/mes.
A nova oferta de Tuenti aproveita a grande infraestrutura de fibra óptica a nivel estatal de Telefónica, para ofrecer un servizo de alta calidade a prezos competitivos, partindo da tarifa Fibra Tuenti LOL, que por 36 euros/mes achega fibra a 50 Mbps simétricos e móbil con 1,5 GB de datos e chamadas a 0 céntimos/minuto (así como chamadas de voz dixital ilimitadas). Os clientes que desexen máis velocidade de acceso á Rede, poden pasar de 50 a 300 Mbps simétricos por só 10 euros máis.
Adicionalmente tamén teñen a tarifa Fibra Tuenti FAV por 40 euros/mes, con 50 Mbps de fibra, 3 GB de datos para o móbil e chamadas a 0 céntimos/minutos que, como na tarifa anterior, por 10 euros máis subiría a súa velocidade até os 300 Mbps.
A fibra de Tuenti carece de permanencia, a súa instalación é de balde e inclúe un router Movistar Base (HGU) de dobre banda, que promete unha grande velocidade de acceso a través de Wi-Fi. O servizo tamén pode configurarse dende unha aplicación móbil, de xeito que os usuarios poden cambiar axilmente entre conexións de 50 e 300 Mbps, ou mudar de tarifa móbil.