Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 15.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Portada » Tema del Día  |  RSS - Tema del Día RSS

A DEFENSA DA LINGUA, NA RÚA

"Anque llelo fales na casa, pérdese"

19.10.2009  A de onte foi unha macrorreunión interxeracional que se desenvolveu nun ambiente festivo // As medidas do Goberno na educación foron das máis criticadas nas pancartas cargadas de retranca // No medio tamén se deixou ver algún rostro do PP, como o de Rafael Cuíña

5.0/5 [11 Voto/s]

2
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

I. CASAL

A supresión das galescolas e a nova rede de garderías A Galiña Azul protagonizaron varias pancartas
A supresión das galescolas e a nova rede de garderías A Galiña Azul protagonizaron varias pancartas

"Se os galegos aínda somos galegos, é por obra e graza da nosa lingua, que temos que defender". Castelao dicíao no 31, no seu discurso nas cortes constituíntes. Setenta e oito anos despois, estas palabras, repetidas polo veterano Avelino Pousa Antelo, soaron á síntese do espírito común dos que onte se reuniron en Compostela. O presidente da Fundación Castelao, aos seus 95 abriles, semellaba sobre o palco o patriarca de todos eles, aínda que cos pés na pedra tamén o parecían moitos rostros curtidos, que compartiron espazo con fillos e netos, e lembranzas dun tempo que, dalgún xeito, parécelles que ameaza con volver.

"Eu son da época de 'prohibido galego", advertía Carmen, veciña de Santiago de 72 anos ao pé da Alameda. "Se o galego non se está perdendo, están facendo que se perda". Uns metros máis adiante, José, vilagarcián de 76 anos, xustificaba a súa presenza na protesta porque "a dereita vainos destruír un dos nosos sinais de identidade. Temos que manifestarnos para que non sexan capaces de facer semellante barbaridade", dicía expresivo.

Braulio, coa súa pequena de 6 anos no colo, era o retrato doutro perfil de manifestante: o preocupado pola castelanización dos fillos. "Que se a lingua está ameazada? Home, está claro, non fai falta que o diga eu. Non tes máis que mirar para os nenos. Anque llelo fales na casa, pérdese. Á miña filla sempre lle falei en galego e ultimamente case fala máis castelán... É que máis ou menos vaiche estando todo en castelán", lamentaba, deixando claro que "por apoiar a nosa lingua tampouco despreciamos as demais".

A súa preocupación quedaba tamén reflectida nunha chea de pancartas que aludían con humor crítico ás reformas que se prevén para o galego no ensino e á conversión das Galescolas na rede A Galiña Azul, como a que rezaba Gallifante escola: Protéxete contra a GRIPE Galega, ou outra na que aparecía o rostro do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, anunciando que despois da consulta do galego no ensino lles preguntará aos pais sobre que pensan das matemáticas.

Os carteis de manifestantes a título individual compartiron espazo coas pancartas de organizacións máis ou menos grandes, e de todo tipo, incluso das definidas polo seu credo, como a Plataforma de Mulleres Cristiás. E, no medio, tamén se deixou ver algún rostro do PP, o de Rafael Cuíña (fillo do finado Xosé Cuíña). "Seguro que hai máis (militantes do PP), eu xa vin algún, pero máis ben tapado", dixo con humor.

Rafael Cuíña cualificou a xornada de "día de éxito" en defensa "da nosa cultura e da nosa lingua", pero, iso si, non cre que o presidente da Xunta estea a atacar o idioma: "Feijóo en concreto non, pero si hai grupos de presión que o pretenden, e hai que frealos de maneira democrática".

Con todo, María Gómez, veciña de Maceda de 84 anos, mostrábase optimista sobre o futuro do galego. "Antes nos comercios mulleres galegas coma min falaban en castelán. Agora polo menos falámolo, e se non nos entenden, que aprendan!", ría.

Nun ambiente festivo, entre gaitas e a música de integrantes de bandas xuvenís, a marcha arrincou da Alameda ás 12.15 horas. Unha hora despois, aínda saía a cola. Aínda que a tranquilidade foi a tónica da xornada, houbo que lamentar algúns desperfectos de colectivos independentistas en escaparates e caixeiros .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS