Jueves 25.09.2008
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
1. "Realmente non teño moi claro que nestes debates se poda dicir que hai gañadores. Para min son actos repetitivos do que xa vimos oíndo ao longo de todo o ano, e coido que non merecen a pena. Para min foi un debate moi similar ao do día da investidura".
2. "A verdade é que, na miña opinión, non se saca nada en limpo destes debates, e o pobo, que é quen ten os problemas reais, vai seguir igual que antes. Estamos cansos de que sempre nos digan como está a situación pero sen presentar alternativas na mesa. Por iso, pediríalle ao Goberno e á oposición que traballen máis e que se deixen de tanto debate".
![]() |
1. “Máis que elixir un gañador entre os tres líderes, destaco a posta en escena de Manuel Ruiz, que dialécticamente está chegando a facernos lembrar aos grandes políticos da transición”.
2. “Por primeira vez, os políticos ven que no célebre refrán de que a unión fai a forza está a solución aos problemas económicos de Galicia e do resto do mundo. Por primeira vez, inténtase aunar esforzos contra a crise. Ao presidente nótasenlle xa as tablas do poder. Pero foi un debate no que todos lle empezan a ver a boca ao lobo: ou pactan un plan anticrise ou o electorado lle empezará a dar as costas definitivamente”.
![]() |
1. “¿Cen medidas contra a crise anunciadas polo PP? De momento, a nova Xunta só se amosa como un Goberno de señoritos: alonxada da realidade, preocupada por debates alleos á sociedade galega... ¿Haberá axudas reais contra a desaparición do campo? ¿Como poden falarnos estes señores de austeridade? Neste debate non hai gañadores, só perdemos os do pobo”.
2. “Os cidadáns só vemos unha crise galopante, mentres os empresarios e os ricos piden que o resto aprete o cinto. Non podemos caer nos mesmos erros, a atención debe volcarse nos máis necesitados: os maiores, o campo, os pobres”
![]() |
1. “Para min foron máis contundentes os dous portavoces da oposición que o do PP ou que o propio Núñez Feijóo. Na miña opinión o presidente da Xunta foi moi propagandista, nada creíble e con unha dobre linguaxe, e Ruiz Rivas estivo provocador, demagogo e tosco. Mentres, a Vázquez e a Aymerich vinnos máis contudentes á hora de denunciar os incumprimentos do Goberno galego”.
2. “Votei en falla no debate que se falara do financiamento dos concellos, que dende fai moito tempo é fundamental para poder paliar en parte a crise coa contratación de traballadores”.
![]() |
1. “Sempre que hai un debate, quen gana ten que ser teoricamente o pobo. Non entro en dispustas partidistas de se gana un ou outro, simplemente creo que ten que gañar Galicia, e se hai debate ten que gañar, independentemente de que se fale con máis ou menos concreción dos puntos tratados”.
2. “Neste momento o cidadán creo que está máis que nada preocupado polo seu peto. A crise é profunda e na medida en que se trataron temas económicos penso que si, pero a inmediatez, e a situación que atravesa Galicia fai que dalgunha forma este debate non teña tampouco un gran seguimento”
![]() |
1. “No hablaría de ganador ni de perdedor. Cada una de las fuerzas políticas juega con las cifras que manejan a su antojo y la gente de la calle no entiende muy bien quién lleva la razón. Pediría que fuesen más al grano y que no emborrachen a la gente con tanta palabrería. Me quedo con la austeridad en el gasto que implantó el PP”.
2. “Se habló mucho de crisis por unos y por otros, pero a la hora de la verdad no escuché ninguna propuesta concreta y clara sobre los pasos que van a dar para salvar esta situación. Cobertura del paro y ayudas sociales, que preocupan a la gente, se pasaron de puntillas”
![]() |
1. He visto más acertada a la oposición porque hacen bien recordarle al presidente las promesas que hizo al llegar a la Xunta y que no cumplió en un 90%, pero no me gustó que a ello no añadieran propuestas de cómo salir de la crisis. Feijóo hizo algunas interesantes, pero sin decir de dónde sale el dinero, y por otra parte en estos momentos difíciles me parece mal su objección a la subida de dos puntos del IVA.
2. En el Parlamento se debe debatir más por el empleo y dejarse de guerras lingüísticas, porque los que más temen hoy los ciudadanos no es el paro sino a los políticos que no nos sacan de la crisis.
![]() |
Penso que todos os políticos teñen grandes dotes para mentir. Hoxe (por onte) non iba ser diferente. Non me resultou convincente a proposta de loita contra o envellecemento da poboación de Feijóo e pareceume atinada a reflexión de Aymerich de que non é de recibo facer deducións por adquisición dunha segunda vivenda cando moita xente ten problemas para comprar a primeira.
2. Entre as cousas que a min me resultaron de interese, dada a miña proximidada á costa, está a necesidade de acadar pactos polo territorio e para impulsar a necesaria fusión das caixas galegas
