Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 24.07.2014  | Actualizado 18.30 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Más de 200 horas de danza en Compostela

Unha mostra reunirá 37 compañías e ofrecerá máis de 200 horas de exhibicións coreográficas

FERNANDO FRANJO SANTIAGO   | 27.04.2011 
A- A+

Amosar o dinamismo coreográfico de Galicia, poñendo en valor tanto a artistas emerxentes como consolidados e "ensinarlles a danza galega a todos" son os principais obxectivos cos que nace a I Mostra de Danza de Galicia que durante toda esta semana, desde onte martes, día 26, e até o próximo domingo día 30, se desenvolverá en Santiago de Compostela, con máis de 200 horas de danza. A mostra celébrase nestas datas coincidindo co Día Internacional da Danza, unha data que se conmemora cada 29 de abril.

A iniciativa, que foi presentada onte nun acto no Salón Teatro de Santiago, está organizada polo Centro Dramático Galego. A directora do Centro Coreográfico Galego, Mercedes Suárez apuntou a idea de que a xénese desta mostra está en sacar á danza "do final da lista e amosárllela a programadores e ó público en xeral".

Durante estes cinco días, haberá unha sucesión de máis de vinte pezas, cada unha delas duns 30 minutos de duración. Suárez matizou que esta mostra non estará centrada en ningún tipo de danza en especial, "a danza é boa ou mala pero é unha soa", e dixo que a danza galega naceu moito despois que o teatro e por iso "leva moito tempo de atraso, pero existe'', aínda que insistiu en que isto non é unha feira senón unha mostra específica, que nace coa intención de darlles unha oportunidade ás pequenas compañías que non teñen posibilidade de mostrar o seu traballo.

Interacción. No acto de presentación da I Mostra da Danza de Galicia fíxose fincapé no que é un dos obxectivos da organización: O diálogo e o intercambio de experiencias por parte dos distintos profesionais da danza, ao tempo que no Salón Teatro se habilitará unha sala de reunións para celebrar unha serie de encontros entre responsables de compañías e programadores.

O Salón Teatro e a praza de Cervantes son os escenarios de toda a programación que constará dun total de 27 espectáculos dou- tras tantas compañías e intérpretes, todos eles galegos, entre os que se atopan os oito traballos resultantes do programa Proxectos de Investigación Coreográfica, posto en marcha polo Centro Coreográfico Galego. Tres destas compañías serán de integración, cun total de 111 artistas.

Por outra banda, durante as mañás, a mostra ocupará tamén a praza de Cervantes, nunha localización completamente aberta ós viandantes, no que participarán dez compañías: La Tía Mardalina, DLoira, Experimentadanza, Catro no Metro, Traspediante, Xacarandaina, Alxiberia e Lusco e Fusco, así como os solistas Nuria Sotelo e Fran Riveiro, cun total de 86 artistas.

programa. A programación comezou onte ás 12.30 horas na praza de Cervantes coa posta en escena de Wir Frauen, frase en alemán que significa Nós, ás mulleres; trátase dun espectáculo de teatro e danza que se inspira directamente nas dúbidas e las contradiccións femininas, cunha creación de Helen Bertels, producida por La Tía Mardalina; e, posteriormente, escenificouse Tulipáns, de DLoira.

No Salón Teatro, o primeiro espectáculo desta mostra foi o de Miniaturas, da compañía Entrecaixas, que foi presentado polo coreógrafo Ivan Villar como unha iniciativa baseada no folclore galego, cunha visión persoal. Tamén se escenificou a obra Sueño de Ciego, de El Portsaidi; 10gr por cada 180 ml de auga, de CF Dance; Encontros, de Lusco e Fusco e Etheria, a cargo do centro Coreográfico Galego.

tendencias@elcorreogallego.es
programa completo

EN DATOS

Datas. Do 26 ó 30 de abril.

Horarios. 12.30 a 13.30 de martes a sábado na praza de Cervantes. De 16.00 horas a 20.30 no Salón Teatro.

Programa para hoxe. 12.30 a 12.50: Desmemoriada de Nuria Sotelo.

13.00-13.30: Jugando con el arte, de Experimentadanza. (As dúas na praza de Cervantes).

Salón teatro. Hoxe

16.00-16.45: Encontro cos artistas.

17.00-17.30: Compañía Tango Danza: Historias na Rúa. Coreografía de Teresa Gaona e Carmen Mejuto.

17.35-18.00: Bágoas danza contemporánea. Se os soños teñen as ... onde van as túas...?

18.05-18.30: Helen Bertels-la Tía Mardalina WirFrauen.

18.50-19.10: Ángela Blanco Fume.

19.15-19.45: El taller Rosas Negras.

19.50-20.20: 5s, Danza homo-natura e miranos.

A CIFRA

20

Euros. É o prezo do abono para todas as representacións do Salón Teatro. O prezo por cada día é de 5 €. Na praza de Cervantes serán gratuítas. As entradas poderán adquirirse en billeteira o en billeteira electrónica www.sientelaunion.es.

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS