El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

'A Navalla Suiza' gaña no MipTV de Cannes

A empresa galega viu recoñecido o seu proxecto 'Augmented Films' no principal mercado audiovisual do mundo

FRAN P. LORENZO SANTIAGO   | 15.04.2010 
A- A+

MipTV
NA PRESENTACIÓN María Yáñez e Xabier Cid, durante a presentación do proxecto no MipTV.
FOTO: MipTV

"Canadian Augmented Films project is the winner! Xabier Cid Maria Yanez collect their prize". Un tweet daba onte a coñecer desde o MipTV de Cannes o triunfo d'A Navalla Suiza no Content 360, un concurso convocado para premiar proxectos cun concepto multiplataforma do mercado audiovisual. A idea presentada por esta empresa galega de comunicación dixital e solucións avanzadas en Internet, fora seleccionada polo National Film Board de Canadá, como finalista na categoría Next Generation Online Video Experience do certame Content 360.

"Este Películas aumentadas -o proxecto que Xabier Cid e María Yáñez expuxeron con éxito diante dun xurado internacional, e que se impuxo a outros dous finalistas-, propón a conexión entre a realidade e as películas que o organismo canadiano acolle nas súas bases de datos. A aplicación, que foi pensada para móbil e web, relaciona cada espazo urbano coa películas, principalmente documentais e curtametraxes, que se rodaron nel, socializando os espazos e procurando novas experiencias no usuario.

"Todo o mundo recoñece Nova York polo que vimos nas películas. Partimos desa idea", sinalaban onte os gañadores do premio. Así, "achégase o público aos filmes e coñécese o sitio que se visita". A ferramenta aspira a crear una experiencia on line que se completa coas opinións, fotos e recomendacións dos usuarios.En realidade non estamos inventando a pólvora, a socialización a partir de espazos xa existe. Pero aplicámola a produtos audiovisuais que se non serían vistos por moi pouca xente", concluíu.

Cunha dotación de 12.000 eu-ros para o desenvolvemento do proxecto, Cid compartía onte a súa sorpresa por tan importante triunfo. "Foi un pouco flipante. Os demais proxectos tiñan máis prensa ca nós", explicaba o integrante dunha Navalla Suiza da que fan parte, canda el mesmo e María Yáñez -os representantes dos seus compañeiros na gala de entrega do galardón- Berto Yáñez, Óscar Otero e Álvaro Gómez.

As outras dúas categorías do Content 360 repartiron os seus premios entre Francia e Reino Unido. Creating short video combining user-generated and EU online archives content recoñeceu My vision of Europe, o traballo de Julien Decker, e The Win Win Show, de David Cornwall, impúxose no Engaging with teens through branded content for Coca-Cola.

fperez@elcorreogallego.es 

www.anavallasuiza.com

Xabier Cid. Membro d'a Navalla Suiza

"Todo o mundo recoñece Nova York polas películas. Partimos desa idea".