Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 25.09.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Tendencias| tendencias@elcorreogallego.es  |  RSS - Tendencias RSS

A revisión galega multimedia de 'O Soldadiño de Chumbo'

15.12.2010  Tres empresas forman unha alianza para editar un libro '2.0' que combina texto, curta de animación e aplicación de Ipad

5.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

FERNANDO FRANJO SANTIAGO

Francisco Castro, Freixanes, Chelo Loureiro, Pancho Casal e Carlos Fernández FOTO: Bruno Delgado
Francisco Castro, Freixanes, Chelo Loureiro, Pancho Casal e Carlos Fernández
FOTO: Bruno Delgado

A alianza de tres empresas, a Editorial Galaxia, Continental Games e Moonbite acaba de lanzar ó mercado unha revisión en clave galega do tradicional conto de Hans Christian Andersen O Soldadiño de Chumbo, que presenta un innovador formato 2.0, con texto ilustrado, unha curtametraxe de animación e unha aplicación de Ipad.

O libro, adaptado por Xavier Senín, está editado como álbum e foi presentado onte. Inaugura a colección Contos de Cine de Galaxia. o libro inclúe un DVD cunha curtametraxe de animación que narra a historia, a cargo de Virginia Curia e Tomás Conde, que se presenta en castelán, galego e inglés.

Pola súa banda, o presidente de Continental producciones, Pancho Casal falou dos novos horizontes empresariais. Apuntou que o futuro dos obxectos físicos pasa por achegar moito valor engadido "A xente pode gozar dunha obra de arte -o libro- e logo ampliar a experiencia -cos elementos audiovisual e interactivo", explicou.

O máximo responsable de Galaxia, Víctor Freixanes, fixo fincapé na política de alianzas para seguir entre empresas galegas "respectando os valores engadidos", dando como resultante un produto que pode competir neste momento con calquera.

Freixanes apuntou que esta iniciativa non é illada e que nace con vocación de continuar. Por iso, dixo que "se non sumamos forzas nunca teremos capacidade para competir nos mercados". Todos eles coincidiron en que se trata deste proxecto, ideado, xestado e cristalizado en moi poucos meses e que é un salto adiante definitivo no audiovisual galego.

 

interactiva "Quixemos facer unha ferramenta interactiva coa que os nenos puidexen xogar: quebracabezas, efectos, movimentos do texto, poñendo a tecnoloxía ó servizo da narración".

Así se expresaba o presidente da firma Moonbite Games, Carlos Fernández, que agradeceu a aposta por este formulamento e destacou o carácter innovador e galego dos seus contidos que adaptan a súa historia a nosa tradición con personaxes como o cigarrón.

Chelo Loureiro subliñou que esta iniciativa partiu dunha curtametraxe e despois, tras pasar por un longo percorrido en festivais pasou a converterse en libro e nunha aplicación en Ipad. Ambientado no museo do xoguete de Allariz, o proxecto conta coa música de Emilio Aragón e os dese- ños de Alfonso Costa e tamén colaboraronprestando as súas voces actores como Luis Piedrahita ou Manuel Manquiña.

Sobre a versión para Ipad é importante ter en conta que estamos ante unha aplicación absolutamente novidosa. Imotion Kid, tecnoloxicamente moi complexa e innovadora a escala internacional e cen por cen galega.

tendencias@el correogallego.es

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS