El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

"aCadaCanto é un disco baseado na beleza, que transmite paz e bondade"

O músico Xosé Lois Romero, integrante do proxecto con Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xabier Díaz, falou en Radio Obradoiro dun traballo "que é resultado dunha UTE de catro artistas con traxectorias independentes" // É o quinto disco do selo Música de Salitre

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Xosé Lois Romero, músico


SANTIAGO. RO  | 24.05.2012 
A- A+

ECG
Xosé Lois Romero
FOTO: ECG

O selo discográfico Músicas de Salitre ven de sacar á venda o que xa é o seu quinto CD. O título é "aCadaCanto", e os seus artífices Guadi Galego, Guillerme Fernández, Xabier Díaz e Xosé Lois Romero. Este último explicaba en Radio Obradoiro que "é un disco de cancións no sentido máis amplo da palabra, resultado dunha UTE de catro artistas con traxectorias independentes". Segundo Romero, aínda que "é algo puntual", non descarta repetir experiencia. "Todo é posible. Esta é unha especie de viaxe que vai ter retorno, e non sabemos se a volveremos facer".

O músico lembraba que os catro integrantes deste proxecto "levamos moitos anos coincidindo, e sempre tivemos unha ligazón estética moi importante. Todos sabiamos que, nalgún momento, ía xurdir algo conxunto". Romero di estar satisfeito con "aCadaCanto", que define como "un traballo baseado no minimalismo, na beleza, para transmitir paz e bondade. Parece un disco impropio deste pais e deste tempo, pero os artistas pertencemos a un mundo irreal, ó mundo do sentimento". Promete que os concertos, tamén perseguirán este obxectivo. O primeiro deles será o 8 de xuño no Teatro Rosalía de Castro, en A Coruña, e o seguinte o 13 de xuño no Teatro Principal de Santiago.