Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 22.05.2013  | Actualizado 14.16 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Agadic vai saldar en dúas semanas os seus pagos ás industrias culturais

Escena Galega pídelle ao conselleiro Varela que avale o ingreso das axudas ante Facenda

E. PRESS TENDENCIAS@ELCORREOGALLEGO.ES   | 29.01.2011 
A- A+

Santiago. O presidente de Escena Galega, Ernesto Chao, anunciou tras unha reunión co presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais, Juan Carlos Fernández Fasero, que onte venres "se pagaron ou están en trámite de pagarse 440.000 euros" da cantidade que, segundo dixo, se lles debe por pagamentos aprazados do último trimestre. "Prometéronnos que a semana que vén se pagarán 880.000 euros, ao que se sumarán 800.000 euros máis dentro de dúas semanas, e a partir de aí esperan que os pagamentos se fagan con regularidade", resaltou.

Fernández Fasero remarcou que "non hai débeda", xa que, segundo dixo, o último pagamento realizado por Agadic foi o 8 de novembro, e as subvencións se pecharon o 17 de decembro, polo que dende o último pagamento "hai algo máis de dous meses, que está nos prazos administrativos, co cal non é débeda".

Así, representantes das asociacións de actores, guionistas, técnicos, directores e realizadores, magos, produtoras independentes, danza, así como a Academia Galega do Audiovisual reuníronse onte co director de Agadic para reclamaren diversas débedas ao sector.

"Nós non temos a certeza de que os pagamentos se fagan, agás o de hoxe, coa regularidade que nos dixeron porque iso foi o que lle prometeron no Tesouro", destacou Chao, ao tempo que subliñou que "ao mellor" se manifestan dentro de 15 días en fronte de Facenda.

Nunha reunión que se celebrou tras unha manifestación previa de representantes das artes escénicas e o audiovisual fronte á sede de Agadic, Fernández Fasero explicou que "o que se reinicia é a regularidade dos pagamentos habituais de Agadic, e en certo modo sempre son pagamentos aprazados porque ti traes unha factura hoxe e se paga nun mes ou mes e medio", ao que engadiu que a situación que hai agora "é a mesma que todos os anos". "Agadic paga moi rápido", resaltou.

 


UNHA MISERIA. Xunto a isto, Ernesto Chao censurou que a cantidade achegada este venres lles parece "unha miseria" porque "isto repartido entre todos vai dar para moi pouco". Respecto ao prazo que levan sen cobrar, hai "unha guerra de cifras" segundo remarcou o propio Chao, posto que segundo el, todas as funcións de outubro, novembro e decembro, que "é o trimestre máis importante do ano en canto a número de funcións, están sin pagar". Así mesmo, das axudas á produción, "espectáculos estreados case todos no mes de setembro, unicamente deron un adianto que roldaba os 17.500 euros por compañía, ou sexa que están sin pagar como mínimo un 60 ou 70 por cento", engadiu.

 

DÉBEDAS ACUMULADAS. En concreto, o presidente de Escena galega sinalou que noutras ocasións os anticipos "eran moito maiores de ata un 60%", fronte ás cifras que agora rebaixan a unha media de "un 15 ou 20%", sumado a que "non pagan as funcións fai que as débedas se acumulen".

Así, remarcou que o director de Agadic "ten unhas competencias ata un límite", polo que emprazou á Consellería de Cultura e Turismo e ao "seu máximo responsable", Roberto Varela, para que se encargue "persoalmente de darlle as ordes a Facenda para que ingrese estas cantidades".

"Non saímos moi contentos a verdade", remarcou Chao á saída do encontro, no que se lle insistiu a Fernández Fasero "que a orde de subvencións deste ano saia os máis pronto posible, a poder ser antes de que finalice febreiro". Así mesmo, os representantes das diversas asociacións teñen a intención de poñer en marcha unha plataforma para ver como evolucionan os pagamentos e estudar outro tipo de accións. Onte á tarde tivo lugar unha reunión da Coordiandora do Audiovisual, que agrupo a actores, ténicos, guionistas, directoers e produtoras, coa fin de artellaren unha fronte común.

Juan Carlos Fasero
Xerente da agadic

"A situación de hoxe coas axudas é a mesma de todos os anos. Agadic paga moi rápido"

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS