El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Os anos de chumbo da posguerra, no libro ‘Acta de vítimas’, de Gutiérrez Aller

A libraría Couceiro acolle a presentación, mañá, da primeira novela do xurista

REDACCIÓN  | 16.02.2017 
A- A+

Santiago. A compostelá libraría Couceiro acollerá mañá, ás 19.45h, a presentación da novela Acta de vítimas (Edicións Laiovento), coa que debuta como narrador o reputado xurista Victorino Gutiérrez Aller.
Ambientada en Lalín no outono do 1946, a novela arranca cando un honesto avogado debe convencer aos descendentes dunha familia fidalga republicana para que vendan o seu pazo a un alto cargo do réxime franquista, encaprichado coa propiedade.
É o punto de partida dun relato polo que desfila un variado abano de personaxes: un médico homosexual, unha exiliada de clase alta, unha estraperlista, un cura dogmático e outro tolerante, un labrego ignorante pero honrado, un falanxista alcohólico… 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt