El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

A aplicación BiciCoruña leva o premio Inventa en Galego

Foi desenvolvida por escolares do IES herculino Menéndez Pidal // Mostra en tempo real as paradas de bicicleta da cidade

Valentín García, carto pola dereita e Xulio Ferreiro, á esquerda, cos escolares premiados onte.  - FOTO:  Xunta
Valentín García, carto pola dereita e Xulio Ferreiro, á esquerda, cos escolares premiados onte. - FOTO: Xunta

KARMELE VÁZQUEZ SANTIAGO  | 20.06.2017 
A- A+

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presidiu esta mañá no IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña a entrega do III premio Inventa en Galego que promove Igaciencia co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O galardón recaeu este ano na aplicación BiciCoruña, elaborada por alumnado de segundo de bacharelato do dito centro educativo baixo a dirección da profesora Paz Freire.
O segundo premio recaeu no conxunto de apps presentadas polo estudantado de primeiro de bacharelato do IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo, coordinado polo docente Ángel Acción Lamas.
Valentín García explicou que o certame Inventa en Galego ten unha dobre repercusión: “primeiro, no alumnado que elabora as aplicacións e descobre a utilidade do galego para desenvolver os seus proxectos tecnolóxicos; despois, nos usuarios e usuarias de apps tan interesantes e útiles como as que hoxe premiamos, que ven a posibilidade de empregar a nosa lingua na resolución dos seus problemas cotiáns a través das novas tecnoloxías”.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt