El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Apoio á promoción internacional de dez filmes galegos en festivais de prestixio

REDAC.   | 08.12.2017 
A- A+

DIFUSIÓN Dez produtoras galegas son as adxudicatarias este ano das subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para a promoción e difusión do cinema galego en festivais de prestixio celebrados fóra de Galicia. Mediante estas axudas, dotadas con 30.000 euros, a Xunta contribuíu a lle dar unha maior visibilidade os filmes destas empresas en dez sobresaíntes certames do circuíto ­internacional como son os de Bilbao, Bos Aires, ­Karlovy Vary, Locarno, Mar del Plata, Rotterdam, San ­Sebastián, Sevilla, Sitges e Xixón.

Con esta concesión, complétase a resolución do programa anual de subvencións ao audiovisual galego dotado con 2,49 millóns. A través destas últimas axudas, a Xunta colaborou este ano con Zeitun Films nas accións de difusión de Mimosas, o premiado filme de Oliver Laxe, nos festivais IFF de Rotterdam (Holanda) e BAFICI de Bos Aires (Arxentina), e da curtametraxe Tsweesh, de Feyrouz Serhal, no de Locarno (Suíza). Nos tres certames presentáronse, ademais, outros tantos títulos galegos, apoiados mediante esta convocatoria. É o caso das curtas Fajr, de Lois Patiño, en Rotterdam; Plus Ultra, de Helena Girón e Samuel M. Delgado, en Locarno, e a ópera prima de Andrés Goteira, Dhogs, na súa estrea en Bos Aires. Tamén foron subvencionadas outras tres películas: A estación violenta, de Anxos Fazáns, e o documental Os fillos da vide, de Ana Domínguez, e Nocturno, fantasmas de mar en puerto, de Álvaro F. Pulpeiro, no FIC de Xixón. Por último e xunto con Plus Ultra, a curta Montañas ardientes que vomitan fuego dispuxo de axuda, Tamén El paisaje está vacío, de Carla Andrade,