El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Arcadio López Casanova, premio Otero Pedrayo 2015

AGENCIAS  | 13.09.2017 
A- A+

Santiago. A Deputación de Lugo fixo entrega onte do Premio Otero Pedrayo 2015, concedido ao escritor Arcadio López ­Casanova.
O acto, celebrado no Pazo de San Marcos, contou coa presenza de diversas autoridades, entre elas o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, ou o presidente do organismo provincial, Darío Campos, ademais do xornalista e poeta Luís González Tosar, que recolleu o premio en representación do autor ­galardoado.
Durante a súa intervención, Campos lembrou os 30 anos de historia desde a creación destes premios, nados ao amparo das catro deputacións, para poñer en valor ao figura de Ramón Otero Pedrayo, “patriarca das letras galegas” e “un referente imprescindible para a cultura ­galega”.

Entrevista completa en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt