El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Arranca en Vigo o Vindecine con 'Anticristo'

Este ciclo recalará tamén nas próximas semanas en A Coruña e Compostela

ECG. SANTIAGO  | 07.12.2017 
A- A+

Ás 20.10 horas de hoxe, nos multicines Norte de Vigo bota a andar hoxe o ciclo VindeCine. O tempo de Martín Códax a través do audiovisual coa proxección de Anticristo. O filme supón o despegue na cidade olívica dos ciclos de cine arredor do medievo que, impulsados pola Consellería de Cultura e Educación traerán 21 proxeccións ás pantallas de Vigo -a través de multicines Norte-, Santiago -no Numax- e da Coruña -no Centro Galego de Artes da Imaxe. CGAI- nas vindeiras semanas.

A selección de títulos realizada polos programadores das salas que participan nesta iniciativa vaille permitir ao público gozar dunha serie de filmes de destacados directores dos séculos XX e XXI.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt