Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 23.04.2014  | Actualizado 08.37 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

As letras galegas dan un paso esencial cara á súa "internacionalización"

Galaxia e Xerais coeditan a antoloxía galego-inglés de Jonathan Dunne

E. PRESS   | 06.06.2010 
A- A+

Santiago. O proxecto en edición bilingüe (inglés-galego), Antoloxía da literatura galega, levado a cabo por Jonathan Dunne, busca dar "un paso esencial cara á internacionalización" a través de 55 textos de 40 autores, dende 1196 ata 1981, ano de aprobación do Estatuto de Autonomía. A esta obra sumarase unha segunda parte en 2012 que recollerá escritos das tres últimas décadas.

Así o expresou onte en rolda de prensa o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, que presentou esta obra, na que colaboraron máis de 100 profesionais -entre os que se inclúen 50 críticos literarios que realizaron a selección- que definiu como "un espléndido ronsel literario". Nesta liña, Varela remarcou a necesidade de apoiar a tradución da obra galega á "lingua vehicular e de acceso á cultura que é a inglesa", xa que segundo resaltou, "só hai uns 30 títulos" traducidos a este idioma, entre os que se atopan seis obras de Manuel Rivas, así como libros de Suso de Toro ou Alfredo Conde.

Neste sentido, Varela destacou como unha prioridade dar a coñecer a literatura galega "no mundo", co obxectivo de "conseguir introducir o lector non especialista". Unha intención á que sumou a necesidade de "facer o mesmo coas artes plásticas".

Nesta obra recóllense textos ensaísticos, de ficción, poesía e teatro, entre os que se atopan textos de Sempre en Galiza de Castelao, Cantares gallegos de Rosalía, así como de Ferrín, Cunqueiro, Fole, Martin Codax ou Novoneyra.

Neste proxecto colaboran conxuntamente as editoriais Galaxia e Xerais. O director de Xerais, Manuel Bragado, resaltou como "un fito histórico" este proxecto que remarcou como un proxecto de "indubidable transcendencia" para a promoción da literatura galega. O director de Galaxia, Víctor Freixanes, sinalou como "unha aposta estratéxica de futuro" esta iniciativa.

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS