El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

As Unidades Mixtas, claves para mellorar a competitividade

O traballo que desenvolven permite que o talento e a ciencia se instalen na industria

O conselleiro Conde participou no encontro ‘Umix. Mesturas gañadoras’ - FOTO: XdG
O conselleiro Conde participou no encontro ‘Umix. Mesturas gañadoras’ - FOTO: XdG

MARÍA ABASCAL .SANTIAGO  | 14.11.2017 
A- A+

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou onte, durante o encontro Umix, Mesturas gañadoras que se celebrou na Cidade da Cultura, que o traballo que desenvolven as Unidades Mixtas de Investigación permite que o talento e a ciencia saian do laboratorio e se instalen na ­industria.

O conselleiro explicou que o obxectivo do encontro é poñer en valor o labor realizado por empresas e centros de coñecemento no marco deste programa, así como unha ocasión para que os participantes ­coñezan o traballo doutras iniciativas "coa confianza de que serva para inspirar novas ideas e alianzas para o futuro", asegurou.

Conde destacou a fórmula de colaboración público-privada das Unidades Mixtas, grazas á que Galicia pode levar á industria galega as últimas demandas do mercado e atraer capital privado da man de importantes multinacionais producindo un efecto tractor no tecido empresarial galego.


Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt