Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 16.04.2014  | Actualizado 17.52 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

agora xa foi

Así é se así vos parece

VICENTE ARAGUAS  | 19.12.2010 
A- A+

DUNHAS ORIXES famiiares tan considerables que é neto de Fermín Bouza-Brei e fillo de Carmen Pena, fina historiadora da Arte e muller de bandeira, e Fermín Bouza Álvarez, Fermín Bouza Pena lidera Correos, un dos grupos máis fresquiños do panorama pop actual, autores dun disco opíparo recén saído ao mercado que se chama No es lo que parece. Un cedé que escoito contino, coa pulsión que poño no que me presta, con atención moi especial nos riffs, nas harmonías, nos xogos que se trae Correos entre a sinxeleza dunhas composicións que atopan reelaboración na descarga sónica dun grupo que se move entre as raigames dos sesenta (cousas de Hollies e de Spencer Davies Group) e as voltas e reviravoltas dos oitenta, cun aquel de The Cure. Para estes hai, por certo, sabedor prívate joke nunha das letras, rotundas, pero sen vocación de poemas e si de words, que No es lo que parece insire. Correos dispón dun público notorio en Euskadi, cousa comprensible pois o grupo ten gañado o concurso anual de rock que organiza o Concello de Donostia. E non será cousa de lembrar canto de bo ten aportado a cidade donostiarra ao pop-rock nacional. Por certo, El drogas, de Barricada ofrece a súa voz a Correos, no tema Marte, e Iker Piedrafita fai o propio en Del mundo al revés. Un disco, en fin, potentísimo destes Correos que, pois están liderados ademais por un galego, ou case, merecen especial atención entre nós. Esa atención que xa lles está prestando o sagacísimo (tanto como o cego do Lazarillo) empresario Bibiano Morón. Introductor de Leonard Cohen ou Madonna en Galicia e membro que fora de Voces Ceibes. E por certo que Fermín Bouza Pena encetara esta boroa como cantautor, e ben o lembro gravando unha maqueta no estudo de grabación que Miro Casabella ten en Cambre. E é que aos remates todo, todo canxa. E neste disco de Correos hai unha versión apañadísima (e amañádísima) do Blowin in the Wind dylaniano. Sendo así que eu lembro de cativo a Bouza Pena, de cativo "pitagorín", dominando as falcatruadas, arpexios e blues e mesmo slow rocks do de Duluth, unha paixón que a os dous aínda nos vencella. Por máis que eu pertenza a xeración de Bouza Álvarez, a que ten como referente ao gran Fermín Bouza Brei.

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS