Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Avanza o proceso da posta en marcha do Consello de Arquivos de Galicia

Trátase do órgano consultivo de asesoramento nesta materia concreta

    Santiago. O Consello da Xunta deu onte luz verde ao decreto polo que se regula a composición e funcionamento do Consello de Arquivos de Galicia, órgano consultivo de asesoramento, cooperación e participación en materia de arquivos no ámbito galego, adscrito á consellería con competencias en materia de cultura. Previsto na Lei 7/2014, de arquivos e documentos de Galicia, funcionará a través do traballo desenvolvido polo pleno, a comisión permanente e grupos específicos.

    Este consello constituirase no prazo de tres meses desde a entrada en vigor deste decreto e non terá impacto económico para a Administración autonómica, xa que os membros que o conformen realizarán o seu traballo como parte das funcións inherentes do órgano que representen en que prestan servizo.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    08 ene 2016 / 21:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito