El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Os Bolechas, Fantoches Baj, A Roda, Uxía e María do Ceo pechan o Nadal en Rede

As últimas actividades serán en Cambados, Ames, Neda, Fene, Gondomar, Viana do Bolo, Muros ou Abegondo

Imma António e Manuela Varela, nun momento da representación do espectáculo ‘Animais de compañía’ - FOTO: Gallego
Imma António e Manuela Varela, nun momento da representación do espectáculo ‘Animais de compañía’ - FOTO: Gallego

LUIS MONTERO. SANTIAGO   | 03.01.2018 
A- A+

Os Bolechas, Fantoches Baj, Senén Vaamonde e A Roda, Uxía e Sérgio Tannus e María do Ceo pecharán esta semana a sexta edición do programa de dinamización lingüística Nadal en Rede. Desde onte e ata o vindeiro domingo haberá actividades en 13 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia: Cambados, Gondomar, Ames, Neda, Fene, Viana do Bolo, Muros, Abegondo, Muxía, Viveiro, O Carballiño, Sarria e Ribeira.

O programa percorre ata o domingo un total de 41 localidades galegas.

O castiñeiro do Apalpador, de Fantoches Baj, visitará hoxe as terras do Bolo, onde pechará o seu pase polo Nadal en Rede cunha cita na Casa da Cultura de Viana do Bolo (ás 17.00 horas). As familias que se acheguen van poder gozar dun espectáculo de monicreques que recupera a historia dunha das figuras máis populares do Nadal galego. Ademais de non faltar as castañas, a xente máis pequena da casa pode aproveitar para retratarse co entrañable carboeiro.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt