El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Callón quere reabrir o debate social sobre o uso da lingua galega

Advirte unha etapa de retroceso // “É o único idioma do estado que perde falantes”, apunta

Carlos Callón, esquerda, e Manuel Bragado - FOTO: D.P.
Carlos Callón, esquerda, e Manuel Bragado - FOTO: D.P.

ALBERTO NOVA SANTIAGO  | 18.04.2017 
A- A+

O profesor e expresidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, insta a abrir “o debate social” ao redor do galego ante a “encrucillada” que vive o idioma na actualidade, momento no que a maioría de informes advirten reiteradamente de que é “a única lingua do Estado que perde falantes”. 
 
E o obxectivo da súa nova obra Galegocalantes e galegofalantes, publicada a través de Edicións Xerais e que continúa unha serie de   libros-ensaio sobre a causa do idioma iniciada en 2010 con En castelán non hai problema.   

O director de Xerais, Manuel Bragado, definiu esta publicación como unha “crónica” na que o autor tenta reconstruír un momento concreto e “decisivo” para a lingua, a partir do ano 2009, no que se rexistra “un acusado retroceso dos usos sociais” do idioma o plurilingüismo. Unha situación que, en paralelo, leva a unha “activación social da  defensa do idioma” sen precedentes na comunidade galega e que esta   obra pretende analizar e situarse como “ferramenta polivalente”, explicando un proceso e ofrecendo “coraxe e argumentos” para chamar tanto a cidadáns como institucións á “corresponsabilidade”. 
 
O propio Callón destacou, a súa intención de avivar o “debate social” sobre o idioma que segue vivo, e iso é unha razón para a esperanza”, rematou.