Canal Ocio
Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 06.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Tendencias| tendencias@elcorreogallego.es  |  RSS - Tendencias RSS

Narrativa

Carlos G. Reigosa segue na cima

15.07.2010

5.0/5 [5 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

JOSÉ MANUEL ESTÉVEZ-SAÁ

O escritor Carlos G. Reigosa, nacido en 1948 na parroquia de San Xoán de Lagoa, no concello lucense da Pastoriza, continúa a un ritmo imparable a súa importante traxectoria como creador literario. Se no 2008 gañaba o Premio Torrente Ballester de novela co texto A vida do outro, publicada en maio do 2009 en Edicións Xerais de Galicia, fai oito meses, en novembro do mesmo ano, era a Editorial Galaxia a que publicaba a súa fermosa colección de relatos, Xentiario. Agora acábanos de sorprender moi gratamente con outra intrigante novela, A lei das ánimas. A novela da Santa Compaña, que hai apenas unhas semanas viu a luz, de novo, da man de Galaxia. Sempre que un escribe sobre Carlos G. Reigosa sente a tentación de mirar cara atrás e rememorar grandes fitos literarios na vida do autor, como o Premio Xerais que gañou en 1984 coa súa espectacular novela Crime en Compostela, ou o Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura Testimonial de 1996, que recibiu pola súa obra La agonía del león. De entre os seus máis dunha ducia de libros de narrativa e ensaio, hoxe quero mencionar a súa colección de relatos Xentiario e a súa última novela, A lei das ánimas. Se hai dous anos en A vida do outro o autor facíanos un magnífico retrato xeracional e existencial do sempre complexo período da Transición, en Xentiario quixo Reigosa agasallarnos cunha escolma de doce relatos nos que algunhas das voces das súas anteriores ficcións reaparecen e acompañan nomes ilustres que van dun Don Quixote a un Caín, do pasado ao presente, da terra luguesa natal do escritor a Compostela, Coruña, ou mesmo a Madrid; da fantasía á máis próxima realidade. Todo iso outorga ao libro unha polifonía de voces e perspectivas literarias que definen a colección e responden a un único fin, que o propio autor define no limiar como “a vontade de ser, de existir, de permanecer”. Por outra banda, na súa última novela, A lei das ánimas, Reigosa achéganos á lenda da Santa Compaña, que no libro vólvese mito e personaxe. É unha novela de crenzas e supersticións desde a máis fresca das miradas contemporáneas. Amor, vida, morte, crime, misterio, investigación, terror, lenda, crenza e fantasmagoría son só algúns dos ingredientes dun texto que viaxa dacabalo do relato detectivesco, da novela de intriga, do xénero negro e da tradición popular á vez. Reigosa é un artesán da palabra, o que fai que as súas obras reivindiquen o poder sedutor da escritura. Atopámonos fronte a un autor que se move con igual soltura no ámbito da reflexión política (coas súas colaboracións asiduas na prensa), como no da creación literaria, cunha produción que debe ser referencia obrigada na nosa literatura.

 



Xentiario/ A lei das ánimas,
Carlos G. Reigosa,
Galaxia, 2009/2010, 128/224 páxs. 12 €/16 €

 

 

 

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS