Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 25.09.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Tendencias| tendencias@elcorreogallego.es  |  RSS - Tendencias RSS

Cea presidirá a Asociación de Medios Escritos en Galego

07.06.2010  O subdirector de Galicia Hoxe subliña que os medios en galego “precisan protección” polo risco que asumen

0.0/5 [0 Voto/s]

2
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN SANTIAGO

RECOÑECEMENTO  Xavier Cea, esquerda, subdirector de Galicia Hoxe, nas instalacións do centro de edición do Grupo Correo Gallego, frente a Javier López, o presidente de Eganet, e varios directivos de dita firma FOTO: H. Neira
RECOÑECEMENTO Xavier Cea, esquerda, subdirector de Galicia Hoxe, nas instalacións do centro de edición do Grupo Correo Gallego, frente a Javier López, o presidente de Eganet, e varios directivos de dita firma
FOTO: H. Neira

"Unha lingua que é utilizada por aqueles medios de comunicación que unha sociedade utiliza é unha lingua con prestixio; unha lingua sen presenza neses medios, perde valor aos ollos dos seus usuarios, porque se decatan de que é pouco útil". Esta é unha reflexión recollida no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNL), que lembra tamén a relevancia dos medios como difusores do modelo de lingua culta.

Conscientes da súa responsabilidade, Galicia Hoxe, A Nosa Terra, A Peneira, Tempos Novos e Vieiros impulsaron no 2004 a Asociación de Medios Escritos en Galego (AME), que acaba de escoller como presidente ao subdirector do único xornal diario en galego, Xavier Cea. "O noso traballo como asociación centrouse na presenza en espazos de ámbito cultural, como o AchegArte, e mediático, para reivindicar un tratamento por parte da Administración que nos permita reforzar os ámbitos estrutural, profesional e tecnolóxico, de xeito que poidamos chegar mellor á xente e ser autónomos", indicou Cea. E é que o feito de publicar de modo exclusivo en galego, neste momento, entraña un importante risco empresarial, e máis nun momento de crise como o actual. "Os medios en galego somos un factor fundamental da normalización da lingua, polo que é normal que precisemos protección", subliñou o subdirector de Galicia Hoxe. Así, representar ao sector diante das administracións, así como de todo tipo de institucións públicas e privadas, é un dos alicerces da actividade da AME, como o é o compromiso coa lingua. Así, o novo decreto do galego no ensino, o coñecido como Decreto do Plurilingüismo", supón "un paso atrás", ao ver de Cea: "Para competir en igualdade de condicións coa prensa escrita en castelán, temos que ter lectores competentes en galego. Se no futuro esa competencia diminúe, tamén suporá para nós unha desvantaxe no mercado",

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS