El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Chega ao mercado o primeiro vinagre artesanal de Galicia

Albarro XP I é un dos tres aromatizados que sairá en 2018// Son elaborados mediante métodos artesanais que lles confiren unhas características organolépticas especiais

Albarro XP I, vinagre de viño branco aromatizado con loureiro - FOTO: VdR
Albarro XP I, vinagre de viño branco aromatizado con loureiro - FOTO: VdR

M.AYALA  | 03.01.2018 
A- A+

Vinagres do Ribeiro, SL constituíse en marzo deste ano para producir e comercializar os vinagres froito do traballo de experimentación de máis de seis anos do seu promotor, Xoán Pablo Lorenzo.
Nestes anos, buscouse a valoración de diversos especialistas do mundo do viño e a gastronomía. Por iso hai que destacar a favorable opinión que recibiron os vinagres experimentais da asociación Vinavin de Córdoba, acreditada como comité internacional de cata de vinagres, ou na Escola Internacional de cociña Fernando Pérez de Valladolid.
En 2016, o proxecto de elaboración de vinagres artesanais, foi seleccionado pola Fundación Juana de Vega no IV Programa de Desenvolvemento Agroalimentario.
Actualmente, este proxecto, foi seleccionado e está a participar no coworking A/Em prender en Verde da Fundación Paideia.
Vinagres Do Ribeiro, SL nace como alternativa ao aproveitamento vitícola tradicional na comarca do Ribeiro, dinamizando plantacións existentes en semiabandono readaptándoas a un cultivo responsable coa naturaleza, coa paisaxe e coa arqueoloxía rural.
Para isto quere pór na mesa do consumidor gourmet e nas cociñas de autor diversos gustos de ­vinagres selectos, con características organolépticas únicas, elaborados artesanalmente con garantía e control de calidade, desde a uva á degustación.
Vinagres do Ribeiro conxuga ­artesanía e creatividade para que o consumidor desfrute de ­vinagres especiais e facéndoo partícipe dun cultivo realizado de xeito ­responsable coa contorna e os valores culturais.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt