El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Cid Paz é o gañador do novo Concurso ‘Balbino’ de Relatos

O seu xurado estivo composto por Armando Requeixo, Ánxela Gracián e Rosalía Morlán

LETRAS Dende a esquerda: Manuel Núñez, Valentín García e Armando Requeixo.  - FOTO:  Efe
LETRAS Dende a esquerda: Manuel Núñez, Valentín García e Armando Requeixo. - FOTO: Efe

ROSA CANO SANTIAGO  | 13.09.2017 
A- A+

O II Concurso Balbino de Relatos, que leva o nome do célebre escritor galego Xosé Neira Vilas xa ten gañarador: Ricardo Cid Paz, natural de Ourense e autor dunha obra chamada De que falarán as árbores.
No acto de presentación desta decisión celebrado onte no Pazo de San Roque de Santiago estiveron presentes Manuel Núñes, da editorial Fervenza; Valentín García, o director de Política Lingüística da Xunta e o miembro do xurado Armando Requeixo.
O texto vai ser publicado por Edicións Fervenza logo de obter o seu autor un cheque por valor de 1.500 euros e despois das verbas dun xurado, composto por Rosalía Morlán, Requeixo e Ánxela Gracián.
O Concurso Balbino de Relatos conta cun esforzo colectivo xa que conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Deputación de Pontevedra, a Fundación Xosé Neira Vilas, o Concello de Boqueixón e máis o Concello de Vila de Cruces.
Entrevista completa en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt