El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Conservación no Castro dos Castelos e Mesa dos Bispos

Cultura impulsou varias actuacións de limpeza e mellora do asentamento de Entrimo e no marco medieval de Beariz

Vista do asentamento castrexo do Castro dos Castelos, no concello de Entrimo - FOTO: X.
Vista do asentamento castrexo do Castro dos Castelos, no concello de Entrimo - FOTO: X.

MARIO ÁLVAREZ. SANTIAGO   | 07.12.2017 
A- A+

Enmarcadas no programa das actuacións arqueolóxicas para 2017 destinado á documentación, conservación e protección dos xacementos arqueolóxicos máis significativos de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria -a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultura- acomete dúas intervencións arqueolóxicas na provincia de Ourense, concretamente no Castro dos Castelos (Entrimo) e na Mesa dos Bispos (Beariz).

No que atinxe ao Castro dos Castelos, no concello de Entrimo, a semana pasada comezaron os traballos de limpeza e roza deste asentamento castrexo, cuxos traballos supoñen un investimento de preto de 9.800 euros e contan cun prazo de execución de 15 días. Os labores a desenvolver teñen por obxecto mellorar as condicións de conservación do xacemento impedindo que o biodeterioro afecte aos restos arqueolóxicos exhumados, así como facilitar a súa visita e contemplación, para acadar un aproveitamento sociocultural óptimo. Para isto lévase a cabo, baixo control arqueolóxico, a roza, a limpeza e o acondicionamento da totalidade superficie da área onde se sitúa o xacemento arqueolóxico (1,50 hectáreas máis ou menos).

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt