El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

prexuízo para os produtos galegos

O consumidor non poderá saber a orixe dos moluscos, mariscos ou peixes en conserva ou elaborados

Outro dato que permanecerá oculto para o cidadán é se o pescado que adquire é fresco ou xa foi desconxelado // O BNG considera positiva a inclusión do mexillón galego como subvencionable en caso dunha caída dos prezos e o recoñecemento da acuicultura extensiva fronte á industrial

BRUXELAS. 12|09|2012  | 12.09.2012 
A- A+

O Parlamento Europeo aprobou este mércores o documento da Organización Común de Mercado (OCM) dos Produtos da Pesca e da Acuicultura-, o denominado informe Stevenson-, un dos catro informes da futura Política Pesqueira Común (PPC), que establecerá as regras de xogo para este sector económico durante o período 2014-2020.

A eurodeputada do BNG Ana Miranda considera que hai avances nos datos que se consignan na etiquetaxe segundo as novas normas, pero criticou que o documento da OCM "escatima información ao consumidor, cando se está a falar de produtos alimentarios onde a transparencia e a claridade da etiquetaxe debe ser máxima". Neste sentido, a eurodeputada advirte que os consumidores de conservas e de transformados de peixe e marisco non van saber de onde procede o produto co que están elaborados, despois de que prosperasen sendas emendas do PP para retirar a proposta de etiquetaxe que propoñía o departamento da comisaria de Pesca, María Damanaki .

"O cidadán ten dereito a saber se os moluscos, mariscos ou peixes que consume en conserva ou elaborados proceden das Rías galegas ou veñen de China, Vietnam ou de Chile, por citar algúns exemplos, pero tal é como queda aprobada a OCM as etiquetas destes produtos non teñen obriga de incluír esta información", explica Miranda.

En consecuencia, "conservas procedentes de terceiros países van aproveitar o prestixio dos produtos galegos e europeos de gran calidade e de probada garantías alimentarias. Un problema que aínda podemos corrixir antes da aprobación final da PPC", salientou.

Pescado desconxelado

Outro aspecto sobre o que alertou Miranda, de novo a propostas do PP, é que se opte na etiquetaxe pola data de desembarco en lugar de pola data de captura, "algo que debería primarse por transparencia é porque resulta unha clara vantaxe competitiva para a pesca artesanal galega". Igualmente, o consumidor de peixe fresco non vai poder saber se o produto foi desconxelado e posto a venda como fresco. "Un peixe capturado e conxelado de inmediato ten todas as garantías e mantén toda a súa calidade, pero se se desconxela e se vende en fresco o consumidor ten dereito a que se lle informe para saber exactamente que compra e poder decidir con total coñecemento".

Inclusión do mexillón galego entre as especies subvencionables

No debate parlamentario, a eurodeputada nacionalista Ana Miranda salientou que a OCM ten aspectos positivos, en particular as propostas formuladas polo BNG, como a inclusión do mexillón galego entre as especies subvencionables para evitar caídas no prezo deste produto. As asociacións de produtores recibirán financiamento para poder almacenar este produto e sacalo ao mercado de novo cando os prezos se estabilicen.

"É unha medida que permite garantir as rendas dos produtores e a estabilidade no mercado deste produto, do que viven miles de persoas no noso país", explicou Miranda, quen tamén valorou o papel que o Informe Stevenson confire ás denominacións de orixe "como garantía de calidade".

Outro aspecto positivo da OCM é que o novo regulamento tamén asume, como solicitaba o BNG, a inclusión específica da acuicultura extensiva, para diferenciala da acuicultura intensiva ou industrial, con características "moi diferentes tanto en termos medioambientais como de xeración de emprego", salientou.

Deficiente protagonismo público

Miranda tamén lamenta que este novo marco para a OCM dos produtos do mar non inclúa un "maior protagonismo da intervención pública de cara a garantir unha estabilidade dos prezos, que é o mesmo que garantir unha estabilidade nos ingresos para os traballadores e traballadoras que viven do secto pesqueiro, marisqueo e acuicultura sostible", explicou a eurodeputada nacionalista, o que motivou a abstención do BNG durante a votación do informe Stevenson.

O Parlamento Europeo aprobou este mércores o documento da , o denominado informe Stevenson-, un dos catro informes da futura Política Pesqueira Común (PPC), que establecerá as regras de xogo para este sector económico durante o período 2014-2020.