O CPEIG convocao Premio Fin de Carreira e Máster en Enxeñaría en Informática
MIL EUROS O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) convoca a novena edición do Premio Proxecto Fin de Carreira e Máster en Enxeñaría Informática.
O galardón quere ser un estímulo para os estudantes e recentemente titulados en Enxeñaría en Informática ou Máster en Enxeñaría Informática e terá unha dotación económica de 1.000 euros para o traballo gañador.
Tal e como se recolle nas bases do certame, poden concorrer ao premio todos aqueles enxeñeiros en Informática que presentaran nunha universidade galega o proxecto fin de carreira nos anos 2016, 2017 e 2018.
Aqueles estudantes que queiran optar ao premio do CPEIG poden remitir a documentación precisa (ficha resumo do proxecto, resumo e memoria completa) ata o día 10 de maio ao seguinte enderezo electrónico: informacion@cpeig.gal.
As bases e o formulario para presentar a candidatura están xa dispoñibles no portal www.cpeig.gal.
O premio entregarase na Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, que se celebrará o 15 de xuño en Santiago.
Mediante a organización deste galardón, o ente colexial busca achegarse ao colectivo estudantil e defender as vantaxes da colexiación, ademais de estimular o traballo dos estudantes.
O CPEIG impartirá hoxe unha charla sobre os criterios para educar aos rapaces na era das novas tecnoloxías no Colegio Junior's de Santiago.
O seu presidente, Fernando Suárez, comentará os principais perigos da rede, como o ciberbullying, grooming, phising ou fraude, virus...