Jueves 25.09.2008
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| Manuel San Martín, dereita, interpreta o papel de Daniel Ferrer na serie de TVG ‘Quen puidera namorala’. FOTO: Gallego |
A Galega emite esta noite dúas novas entregas da serie Quen puidera namorala. Na primeira delas, Andrés cre que David é o home de quen Clara está namorada. Sen poder conterse, primeiro solta ironías para rematar violentándose dun xeito descoñecido ata agora, polo que Aurora lle pide que abandone a casa. Este suceso fai que Aurora sinta vergoña e que lle pida desculpas a David.
No seguinte capítulo desta noite, Octavio dille a Elena que ela non sería capaz de ensinarlle o vídeo a Daniel xa que lle prexudicaría. Pero Elena di que non atura máis os enganos de Daniel, nin lle perdoa que desfixese a súa familia.
A quen ama de verdade é a Octavio e non o quere perder por nada.
Baixo o epígrafe de 100 vacacións no verán, o programa da Galega Vivir aquí fará hoxe referencia ós milleiros de persoas que traballan en Galicia mentres a maioría goza das vacacións de verán.
O equipo de Vivir aquí achegarase á praia da Lanzada para coñecer o labor dos socorristas, a vixilancia e a atención dos bañistas, e os camareiros e cociñeiros que preparan os menús nos chiringuitos.
En Galicia, moitos traballadores autónomos, como taxistas e donos de pequenos negocios, aproveitan o verán para conseguir unha
maior rendabilidade. Miguel do quiosco Andrés non tivo lúa de mel e, cando tivo súa filla, pasou dez horas seguidas traballando nunha granxa de vacas de Mazaricos. O dono da explotación e a súa muller nunca pasan máis de dous días fóra da casa.
Pero hai tamén quen aproveita as vacacións para amosar a súa solidariedade cos demais; é o caso de persoas de Protección Civil ou persoas da terceira idade, que lles prestan a súa axuda aos peregrinos do Camiño.
