El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Cristina Pato, en xira co Silk Road, de Yo-Yo Ma

A artista ourensá percorre Estados Unidos, con once concertos durante este mes

A artista Cristina Pato e
Yo-Yo Ma, nunha das súas
actuacións nos Estados
Unidos - FOTO: Max Whittaker
A artista Cristina Pato e Yo-Yo Ma, nunha das súas actuacións nos Estados Unidos - FOTO: Max Whittaker

MARIO ÁLVAREZ. SANTIAGO   | 17.04.2018 
A- A+

Cristina Pato encóntrase neste momento en plena xira polos Estados Unidos con Silk Road Ensemble, a formación liderada polo cellista Yo-Yo Ma, con once concertos en cinco estados, que comezou o 7 de abril en Nova York e rematará o 23 de abril en Florida.

Nesta xira inclúense un repertorio único que inclúe o tema The Latina 6/8 Suite, peza concibida e encargada por Pato ao compositor Edward Perez para o seu último disco, Latina; o Cuarteto para o fin dos tempos de Oliver Messiaen, con Yo-Yo Ma ao cello e Cristina ao piano; e a peza composta por Pato inspirada na demencia da súa nai: My Lethe story: O río do esquecemento. A xira inclúe ademais algúns arranxos de música tradicional de todo o mundo e pezas novas de Ljova, Jia Daqun e Colin Jacobsen.

Esta é a primeira ocasión na que My Lethe story: O río do esquecemento está en xira, logo de que a música ourensá a escribira en 2012. Será interpretada por Yo-Yo Ma ao cello, Kinan Azmeh ao clarinete, cuarteto de corda e percusión e Pato ao piano e á gaita.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt