Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O CSIC pon en valor a historia das mulleres con poder na época medieval

Menéndez e Rodríguez, na presentación do volume editado por Pardo de Guevara

Santiago. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou onte na presentación do número 44 da colección Anejos de Cuadernos de Estudios Gallegos, editado polo delegado do CSIC en Galicia e director do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, Eduardo Pardo de Guevara, no que o Centro Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) pon en valor o papel das mulleres nas estruturas de poder na época medieval.

Na súa intervención, falou dunha publicación de referencia no estudo da historia das mulleres en Galicia, que “axuda a superar estereotipos e a perfilar mellor o noso pasado” sobre a recompilación e estudo de novos materiais e a reconstrución das traxectorias vitais dunha significativa escolma de mulleres que formaron parte da pirámide nobiliaria no Medievo.

Nun acto que contou coa presenza da presidenta do CSIC, Rosa Menéndez, e do editor do volume, o conselleiro explicou que, nunha sociedade que debe avanzar cara a igualdade de oportunidades entre as persoas partindo do máis elemental, a igualdade entre mulleres e homes; un libro como este sempre é unha boa nova.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

23 mar 2018 / 21:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito