Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Domingo 23.11.2014  | Actualizado 16.35 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS
  • Imprimir
  • Enviar por correo

Cuatro mil libros de regalo en el Gaiás

A Xunta entregou gratuitamente unha escolma de catro mil exemplares dos nosos autores//Cultura crea o I Premio Libreiro e pon en valor as librerías como axente cultural dinamizador

ALBERTO NOVA SANTIAGO   | 28.04.2011 
A- A+

Nun acto celebrado na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, participaba onte pola mañá no acto de entrega de 4.000 exemplares de autores galegos a todas as persoas que se achegaron ó recinto.

No acto, celebrado en conmemoración do Día Internacional do Libro, Varela asegurou que esta xornada representaba "un día especial ó tratarse do primeiro "Día do Libro que se celebra na Biblioteca de Galicia". O conselleiro engadiu que "a industria editorial galega é unha das máis importantes do noso país" e amosou o compromiso do Goberno galego por "seguir traballando na súa promoción e na tradución dos libros feitos no noso país así como na tradución de libros dou- tras linguas ao galego".

Os catro mil exemplares que foron obsequiados, de distintos xéneros literarios, pertencen aos fondos adquiridos pola Xunta de Galicia dentro do seu programa anual de adquisición de novidades de todas as editoriais.

Novos retos. Ante a chegada do libro dixital, Varela salientou a posibilidade dunha "maior accesibilidade á cultura e ao libro" pero advertiu asemade de que "tanto a Administración como os editores temos que estar preparados, xa que vai provocar novos retos".

Na súa intervención, o conselleiro de Cultura cominou a "seguir poñendo en valor o libro como un medio de propagación da cultura e do coñecemento e tamén como un obxecto". "Un obxecto froito do traballo dos escritores, dos deseñadores e dos editores, facendo fincapé no labor dos libreiros", engadiu. Respecto disto, Roberto Varela recordou que a Consellería de Cultura acaba de acordar a creación do Primeiro Premio Libreiro Cultural Galego, que contribuirá ao recoñecemento público daquelas librerías que durante o ano 2011 se caractericen pola realización dunha tarefa continuada de dinamización cultural e da difusión do libro e da lectura, cunha atención especial á promoción e difusión do libro galego, dentro e fóra do espazo físico da librería. Deste xeito, a Xunta de Galicia recoñece a librería como un axente cultural activo indispensable para que a industria do libro manteña a súa pluralidade.

Neira Vilas. En Bos Aires, capital internacional do libro neste 2011, a Xunta rendeulle homenaxe ó escritor galego Xose Neira Vilas no cincuenta aniversario da publicación en Arxentina de Memorias dun neno labrego. Unha videoconferencia e o espectáculo de Cándido Pazo no Centro Galicia conmemoraron a efeméride.

tendencias@elcorreogallego.es

wwwelcorreogallego.es

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS