El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Doazón histórica da familia Baltar Tojo ao Arquivo de Galicia

REDAC.  | 14.09.2017 
A- A+

Santiago. O Arquivo do Reino de Galicia incorpora aos seus fondos documentais cinco libros de actas da Xunta Superior Provincial do Reino de Galicia e da Deputación Provincial de Galicia, datados entre os anos 1810 e 1820. Os manuscritos foron cedidos pola familia Baltar Tojo, á que o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, lle agradeceu onte a doazón, tanto polo valor patrimonial dos documentos como polo seu grande interese para a investigación histórica dos inicios do século XIX.
Nun acto que contou coa participación dos irmáns Juan Ramón, Francisco Javier e Jaime Baltar Tojo, xunto con outros membros da familia; así como da directora do ARG, Carmen Prieto; e do presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi, o secretario xeral explicou que os documentos tamén están accesibles na web de Galiciana, co fin de favorecer o acceso da cidadanía a estes documentos esenciais para o coñecemento da guerra da Independencia e da implantación do réxime liberal na nosa terra.
De titularidade pública, estes libros de actas permaneceron baixo a custodia da familia Baltar Tojo, de Santiago de Compostela, por herdanza familiar e foron atopados recentemente polo Museo do Pobo Galego, institución na que está depositada a Bibliteca Baltar desde 2009. Logo da descuberta, o Museo favoreceu a entrega dos libros ao Arquivo do Reino de Galicia.