Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 21.05.2013  | Actualizado 00.00 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

"Dúas Letras' é unha homenaxe ás cartas da emigración"

Presentouse con éxito en Santiago o filme 'Dúas Letras' e o libro no que se baseou // O seu director, Eloy Varela, e a guionista, Fina Casalderrey, falaron en Radio Obradoiro desta historia ambientada na Galicia dos anos 50 que se fixo con tres premios no Festival de Cans

SANTIAGO. RO  | 27.06.2012 
A- A+

Este martes presentouse no Salón Teatro o libro e a película de 'Dúas Letras', unha historia ambientada nunha vila galega dos anos 50 que xira ao redor dunha nai que agarda novas e o retorno do seu fillo que emigrou xa fai moitos anos. Eloy Varela, o seu director, explicou en Radio Obradoiro que a curtametraxe "é unha homenaxe ás cartas da emigración". Segundo dixo, "é a historia dunha nai pero tamén dunha época, e sobre todo das persoas que se adicaban a escribir as cartas a aqueles que non sabían". 

A escritora Fina Casalderrey é a autora do relato que deu orixe ao filme e tamén a súa guionista. En Radio Obradoiro dixo que "eu vivín algo semellante, eu era de nena quen lle escribía cartas de nena a unha veciña, ás veces facía trampa e non poñía o que me ditaba". 'Dúas Letras', ademais, está protagonizado polo home, a nai e outros membros da familia de Casalderrey. De feito, a interpretación da súa nai, Teresa Fraga, foi premiada no Festival de Cans e é un dos aspectos da película que máis destacan público e crítica. "Sorprendeunos a todos. Teresa da unha imaxe de nai e avoa perfecta. Ten xenio, tenrura e naturalidade e iso é o que se ve na película", explicou Varela.

Os responsables de 'Dúas Letras' celebraron o éxito que está tendo. "O público do Salón Teatro gozou coa película, a xente sorriu e emocionouse con ela, que é o que nós pretendemos". A historia, segundo explicaron "chega a xente que viviu a emigración máis de cerca pero tamén a aqueles máis novos que non viviron aquel tempo".

 

 

 

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS