El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Emilio Araúxo estremece a memoria da terra coa súa nova entrega, ‘Seica si’

SANTIAGO. REDACCIÓN  | 04.11.2017 
A- A+

Chega ás librarías Seica si, un libro que rompe os lindes da poesía e que, sen dúbida, se vai converter nunha das lecturas imprescindibles da temporada en Galicia. Con este volume, Chan da Pólvora Editora e amastra-n-gallar inician unha serie de edicións conxuntas, aglutinadas baixo a denonimación xenérica de Colección N, unha serie que intenta recoller os efectos do poema e as súas derivacións no diálogo-discurso da liña-verso. Ideas nítidas que afloran nos lindes difusos da poesía. Colección N é, en palabras dos seus impulsores “un lume que, lentamente, se fai desaparición. Unha cinta que corre”. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt