El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

'Encrucillada' celebra 40 anos cunha monografía sobre as Letras Galegas

A publicación compila traballos que viron a luz nas súas páxinas dende o ano 1977

REDACCIÓN   | 20.01.2018 
A- A+

A Coruña. Encrucillada celebrou onte na Real Academia Galega os seus 40 anos nun acto no que se presentou a monografía editada co gallo deste aniversario, As Letras Galegas na Encrucillada. A publicación, a primeira revista de pensamento cristián da Transición escrita en galego, compila os artigos publicados desde 1977 sobre os persoeiros aos que a RAG lles dedicou o Día das Letras Galegas (desde López Ferreiro a Carlos Casares) e, nun segundo tomo, outros traballos sobre autores da nosa literatura.

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e o presidente de honra da Asociación Encrucillada e primeiro director da publicación, o académico Andrés Torres Queiruga, estiveron acompañados na presentación do actual director e da secretaria da revista, Pedro F. Castelao e Marisa Vidal. Fran e Marina amenizaron musicalmente o serán.

Encrucillada naceu en 1977, no barrio de Canido de Ferrol, procurando o diálogo entre a fe e a cultura, desde unha ollada galega e en galego, porque o seu compromiso coa lingua era e é, salienta Andrés Torres Queiruga, "incondicional".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt