El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

LIBROS

O escritor Genaro da Silva presenta o seu libro 'Flor negra' mañá en Pontevedra

Genaro da Silva.  - FOTO: ECG
Genaro da Silva. - FOTO: ECG

REDACCIÓN   | 17.05.2018 
A- A+

Mañá preséntase na libraría de Paz de Pontevedra o título Flor negra, de Genaro da Silva, unha publicación de Chan da Pólvora de beleza excepcional, tanto na súa proposta poética como na súa edición. Así iniciase a distribución das propostas para a primavera-verán, que inclúe a inminente edición de Tempo fósil, de Pilar Pallarés, outro libro que vai deixar nos lectores unha pegada indeleble. Pilar Pallarés consegue nel unha das súas máis poderosas obras, e iso que a súa traxectoria está chea de libros inesquecibles. Por último, o 28 de xuño, presentarase na Libraría Chan da Pólvora, que agora dirixe Quico Valeas, un novo título da colección Rabo de Egua centrado en Federico García Lorca, nunha edición coordinada por Luís Cochón.