Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 31.10.2014  | Actualizado 14.53 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

O expositor galego en Fitur recibiu 70.000 visitantes en cinco días

As actividades desenvolvidas no recinto institucional puideron seguirse vía internet, grazas á web gardasmeosegredo.com//No stand galego foron distribuídos máis de 150.000 folletos

CARLOS ÁLVAREZ SANTIAGO   | 24.01.2011 
A- A+

O stand institucional de Galicia, instalado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura e Turismo, Secretaría Xeral para o Turismo e Turgalicia, na Feira Internacional do Turismo de Madrid, Fitur, recibiu a visita de 70.000 persoas entre profesionais do sector turístico nacional e internacional e público xeral ao longo dos días 19, 20, 21, 22 e 23 de xaneiro.

Foron cinco días de feira nos que o recinto institucional para a promoción do Turismo de Galicia, nun dos certames máis importantes do mundo, actuou como escaparate dos valores e dos produtos turísticos galegos, tanto para a súa comercialización entre o sector empresarial, os tres primeiros días, como para a promoción entre o público xeral, esta fin de semana. O deseño do stand centrouse este ano na difusión da primeira marca do Turismo galego, Galicia, gárdasme o segredo, a Cidade da Cultura de Galicia e o 800 aniversario da Catedral de Santiago de Compostela.

Durante esta edición de Fitur, o recinto institucional galego foi visitado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e acolleu 18 presentacións de destinos e produtos turísticos galegos, ás que asisitiron máis de 1.000 persoas relacionadas coa comercialización turística. A maioría destas presentacións estiveron presididas polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e pola secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo.

Gardasmeosegredo.com Nesta recente edición de Fitur, a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral para o Turismo e Turgalicia, instalou unha web para promocionar a participación galega na feira a través de Internet.

Esta iniciativa, editada en galego, castelán e inglés, permitiu seguir en directo todas as actividades que se desenvolveron no expositor institucional de Galicia, ademais de baixar contidos específicos do Turismo galego.

Esta web, tense convertido, logo de dous anos, nunha ferramenta fundamental para a promoción do Turismo galego unha vez que comeza o ano para anunciar as novidades turísticas galegas que poderán atopar os visitantes.

Unha proba do éxito desta iniciativa web foi o número de visitantes que accederon a ela durante os días de feira, superiores a 30.000.

Vive Galicia. Unha das presentacións máis importantes que tivo luagr en FITUR 2011 foi a do programa de paquetes turísticos Vive Galicia 2011, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Turismo e Turgalicia.

Ademais da presentación aos operadores turísticos desenvolvida o xoves 20 de xaneiro na sala de actos do stand de Galicia, por parte da secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, Turgalicia puxo en marcha un concurso o venres 21 a través da rede social Facebook, polo que, ata hoxe, día 24, todos aqueles que suban unha fotografía turística, a modo de segredo persoal sobre Galicia que se quere compartir, poderán recibir un dos de cinco programas Vive Galicia, ás imaxes segredas máis votadas. Onte xa levaban participado máis de 1.200 persoas nesta promoción turística en redes sociais.

Mateial promocional. Por outra parte, ao longo destes días de feira, nos mostradores do stand insitucional de Galicia, distribuíronse máis de 150.000 folletos e outro material de promoción turística, tanto achegado por Turgalicia, como polos 16 coexpositores que participaron en Fitur dentro do stand institucional de Galicia.

tendencias@elcorreogallego.es  

EN COLABORACIÓN

••• A oferta turística de Galicia promocionouse de xeito conxunto a través da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia e das entidades de promoción Deputación da Coruña, Padroado de Turismo de Lugo, Padroado provincial de Turismo de Ourense, Turismo Rías Baixas, Mancomunidade Ría de Arousa-zona norte, Asociación de desenvolvemento turístico da Mariña lucense, Mancomunidade da Terra Chá, Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Mancomunidade Terras de Pontevedra, Turismo da Coruña, Concello de Ferrol, Turismo de Santiago, Concello de Lugo, Turismo de Ourense, de Pontevedra e de Lugo.

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS