Jueves 25.09.2008
Hemeroteca web
|
RSS
EXPOSICIÓN Hoxe, mañá e pasado o peirao de Curuxeiras, en Ferrol, acolle a XVIII Mostra rexional de embarcacións tradicionais, na Xuntanza da Parrocheira. Así, preténdese contribuir á posta en valor do patrimonio náutico do Espazo Atlántico.
Ademais da exposición, tanto en mar coma en terra, o peirao de Curuxeiras acollerá diversas actividades como a posibilidade de visitar unha taberna mariñeira tradicional con menús propios da costa galega, unha piscina para navegación infantil, actuacións musicais e obradoiros didácticos.
Esta actividade intégrase dentro dunha serie de exposicións que se organizarán en cada unha das rexións que participan neste proxecto europeo de carácter transnacional.
A mostra está organizada polo proxecto europeo DORNA (Desenvolvemento Organizado e Sostenible de Recursos no Noroeste Atlántico), liderado pola Deputación de A Coruña. DORNA foi aprobado no Programa de Cooperación transnacional Espazo Atlántico e financiado polo Feder.
